Desde a Unión Local da CIG do Morrazo, salientan que "como xa manifestamos anteriormente, o despido de Pablo non se deu polas causas que a empresa manifesta na súa carta de despido. A sentenza, no remate do punto 5º do seu Fundamento recoñece que: "No hay conductas individualmente, o apreciadas en conjunto, susceptibles de ser sancionadas con el despido, pudiendo atribuir el mismo a otras razones..."
Desmonta argumentos
A sentenza, asemade, ven poñer de manifesto analizando e desmontando un por un os "argumentos" que motivaron o despido. Demostra, segundo subliñan desde a central sindical nacionalista, que o despido de Pablo foi un despido artellado pola empresa unindo unha serie de feitos cotiás que lle permitiron construír unha imaxe falseada da realidade para venderlla logo a opinión pública. Na propia sentenza recoñécese que "la empresa fue en cierto modo consentidora de esa situación" deixando claro quen se aproveitou de feitos illados que pasan a cotío na convivencia de grupos de persoas para argallar os motivos do despido.
"E vémolo tamén no mediático asunto do vídeo que semellou ser o que mais interesou a determinada prensa que se di "seria"; polo menos foi o que mais resaltaron. A sentenza declara que o vídeo "no pasa de ser una exhibición del cuerpo de una persona... algo que puede ser erótico, pero que hoy en día no puede calificarse de escandaloso" (que pensaríamos entón dos calendarios con fins benéficos que tódolos anos editan distintos colectivos); aínda mais, a sentenza impútalle a empresa a posible culpa da difusión do vídeo: "... no siendo hasta después del despido cuando aparece el hecho como noticia pero vinculado al despido mismo, por lo que curiosamente, la difusión parece que se provocó tras la decisión de la demandada."
Cumprimento das promesas
Dende a CIG, e o colectivo de traballadores, "esperamos que as cousas se queden aquí e que a empresa, e por extensión o Consorcio Comarcal co seu Presidente ao fronte, cumpran o que manifestaron publicamente nos distintos medios de comunicación: "que sería a Xustiza quen resolvera este problema". Pois ben, a Xustiza xa resolveu e foi bastante clara "...declaro la improcedencia del despido del trabajador mencionado, condenando a la demandada a estar y pasar por esta declaración..." Estamos agardando a comunicación da empresa solicitando a reincorporación do compañeiro ao seu traballo; si non é así volverán a demostrar que minten unha vez mais (e xa van unha cantas)".
Traballar en condicións dignas
Ruben Fraga, delegado sindical da CIG no Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo, incidiu en que "nesta época de crise é de inconscientes crear mais conflitos dos que xa hai creados pola propia crise. Logo non veñan dicir que a culpa é, coma sempre, dos/as traballadores/as, que o que queren os traballadores do Parque "é ser funcionarios".
"O que estes traballadores (ao igual que a inmensa maioría) queren é traballar; é traballar en condicións dignas, tanto para eles como para o servizo que teñen que prestar a cidadanía", sinala o delegado sindical.
Chamamento á Administración
Desde o colectivo de traballadores do Parque Comarcal de Bombeiros de Morrazo fan un chamamento á Administración xa que "agora é a quenda deles, empresa e Consorcio Comarcal, para empezar a facer as cousas ben. Contarán para iso (como sempre a tiveron) coa nosa axuda e colaboración".