Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 8/4/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O Comité do Grupo Antolín do Porriño denuncia que despois do ERE do 20 de febreiro ao 5 de marzo contratáronse 25 persoas de ETT

Realizáronse horas extras e traballáronse fins de semana, despois dun expediente que afectou ao 90% do persoal
O Comité de Empresa do Grupo Antolín-PGA do Porriño denuncian que despois dun ERE do 20 de febreiro ao 5 de marzo que afectou ao 90% do persoal, a empresa contratou a 25 persoas por ETT, realizáronse horas extras na fin de semana e contratáronse transportes especiais porque non había stock para servir ao cliente. Mentres, os traballadores tiveron problemas co cobro da prima de produción e calidade. Se a empresa non resolve esta situación, desde o Comité de Empresa convocarán folgas parciais a partir do 20 de abril e irán intensificando as medidas de presión até convocar folga indefinida.

O presidente do Comité de Empresa, Felipe Domínguez, informa de que no Grupo Antolín PGA do Porriño "tivemos un ERE do 20 de febreiro ao 5 de marzo, que afectou ao 90% do persoal", e denuncia que despois deste expediente "se contrataron a 25 persoas por ETT, realizáronse horas extras mesmo nas fins de semana, e contratáronse transportes especiais para servir pezas ao cliente porque non había stock suficiente".

Problemas co cobro da prima

Mentres os traballadores nos últimos meses "tivemos problema co cobro da prima de produción e calidade, xa que quedaron sen medir correctamente cuestións como as cadencias, polo que estamos a cobrar mal esta prima".

Folgas parciais a partir do 20 deste mes

Diante desta situación, desde o Comité de Empresa anuncian que "se isto nunha semana non se soluciona, convocaremos a partir do 20 de abril paros de tres horas nesa semana, e continuaremos con máis medidas de presión, e estamos dispostos a convocar folga indefinida na factoría".

Asi, o presidente do Comité de Empresa explica que "demandamos solucións a longo prazo e ir cobrando o que nos corresponde pola prima".

Por último, critican que "se o que pretendía a empresa era aforrar cartos co ERE, non entendemos como logo os tirou por outro lado", e lamentou "que sexamos sempre os traballadores os que paguemos os seus problemas".

cig.prensa@galizacig.com