Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 8/5/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Xornada de peches nos centros dependentes da Consellaría de Traballo en defensa dos empregos e os servizos sociais

O persoal dos centros de diversos centros da provincia da Coruña levou a cabo asembleas permanentes que se prolongaron até este martes
Os traballadores e traballadoras das residencias de maiores, centros de menores, escolas infantís e outros centros dependentes da Consellería de Traballo e Benestar na provincia da Coruña realizaron unha xornada de loita o luns en defensa dos seus empregos e uns servizos sociais públicos e de calidade.

Durante a xornada reivindicativa, convocada polo Comité de empresa, realizáronse asembleas permanentes nos centros para analizar as consecuencias dos recortes e as privatizacións iniciadas polo goberno galego así como analizar o proceso de desmantelamento dos servizos públicos e os despedimentos continuados e amortizacións de postos de traballo de persoal laboral.

Así, dada a extensión da orde do día das asembleas, estas convertéronse en peches nos propios centros de traballo que se prolongaron durante toda a noite até o comezo da xornada de mañá deste martes 8 de maio. Deste xeito, realizáronse peches na residencia de Maiores Volta do Castro e Porta do Camiño, ambos en Compostela, na residencia de maiores Torrente Ballester da Coruña, na residencia de Oleiros, no antigo centro de educación especial Santiago Apóstol da Coruña, na residencia da Pobra do Caramiñal e na Residencia de Maiores de Caranza.

Ademais, hoxe mesmo representantes do Comité vanse a entrevistarse coa Secretaria xeral de Traballo e Benestar, Cristina Ortiz; encontro no que trasladarán o rexeitamento do persoal laboral da Xunta ás medidas de desmantelamento dos servizos sociais, privatización e supresión de postos de traballo que esta a efectuar o departamento de Beatriz Mato.

Manifestación o día 11 de maio

Dende a CIG-Administración Autonómica informan que, dentro do calendario de mobilizacións previstas, o Comité Intercentros do Persoal Laboral (CIG; UGT; CCOO; CSIF) está preparando para o venres 11 de maio unha marcha que sairá ás 10:30 horas dende a Cidade da Cultura para rematar nos edificios administrativos de San Caetano.

cig.prensa@galizacig.com