Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 8/6/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O Comité de Sykes solicita unha reunión urxente coa conselleira de Traballo para tratar os 62 novos despedimentos

As/os traballadoras/es estudan convocar un novo calendario de mobilizacións
O Comité de Sykes en A Coruña vén de solicitar unha xuntanza urxente coa Conselleira de Traballo, Beatriz Mato, para tratar a nova vaga de despedimentos que a empresa vén de comunicar. Dende o Comité lémbrase que dita reunión xa fora solicitada tras coñecerse a resolución administrativa do expediente de regulación de emprego, mais, até o momento, os traballadores e traballadoras aínda non recibiron unha contestación.

Nesta ocasión, e diante da continuidade dos despedimentos masivos na plataforma de Sykes en A Coruña (xa se destruíron 238 empregos dende marzo), o Comité agarda que a Consellaría atenda con celeridade esta nova petición de cara a evitar que se produzan novas baixas e a deslocalización definitiva do centro de Agrela.

Así mesmo, hoxe martes, o Comité ten convocado unha asemblea xeral de traballadores/as no centro de Agrela para estudar e concretar un calendario de mobilizacións en resposta aos 62 despedimentos comunicados o pasado venres pola empresa. 

cig.prensa@galizacig.com