Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 9/1/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

As traballadoras de Valeo cortan o tráfico nas rotondas de acceso da autovia ao Polígono das Gándaras durante unha hora

Demandan unha solución ao seu conflito e que rematen os enganos
O persoal de Valeo volvía mobilizarse o venres 9 de xaneiro, desta volta cunha nova acción de denuncia, cortando o tránsito durante unha hora nas rotondas de acceso da autovía ao Polígono das Gándaras, desde a unha e media até as dúas e media da tarde, provocando importantes retencións nesta zona industrial da comarca de Vigo. Asi, volvian denunciar que desde finais do mes de decembro estas 90 persoas da antiga Valeo non teñen carga de traballo efectiva nin proxecto industrial co que continuar nos seus actuais empregos en Cablerias Auto.

As 90 traballadoras e traballadores da antiga Valeo cortaban o tránsito hoxe durante unha hora nas rotondas de acceso ao Polígono das Gándaras para demandar unha solución ao seu conflito "co que levamos máis de catro anos de engano", asi como para "esixir que a empresa e a Xunta den sinais de vida", segundo subliñou a presidenta do Comité de Empresa e da CIG, Amelia Vila.

Desde que se anunciara o peche da fábrica para o 31 de decembro "ninguen se puxo en contacto con nós", e de feito, desde o 2 de xaneiro continúan a acudir a esta factoria, cumprindo coas quendas e horarios establecidos.

Xuntanza con Abel Caballero

Ás cinco da tarde, o Comité de Empresa de Valeo reuniuse co alcalde de Vigo, Abel Caballero, ao que lle entregaron unhas cartas dirixidas a Touriño e Zapatero, para que interveñan no seu conflito. Abel Caballero, que se negara a recibir a estas traballadoras despois da celebración dun pleno de Vigo o dia 26, comprometeuse desta volta a transmitir a situación que están a vivir estas traballadoras, entregar as cartas ao presidente galego e ao español, asi como a realizar contactos co Igape e coa Consellaria de Traballo.

As traballadoras da antiga Valeo anunciaron que continuarán a realizar accións de denuncia "até que teñamos solucións reais para todo o persoal".

cig.prensa@galizacig.com