Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 9/1/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Numerosos colectivos apoian a iniciativa desta mobilización en solidariedade co pobo palestino desde Vigo, e estiveron presentes nesta rolda de prensa para dar a coñecer data, manifesto  e horario da manifestación.
A actriz Uxia Blanco, o secretario comarcal da CIG de Vigo, Xerardo Abraldes, e Lois Pérez Leyra, compañeiro da CIG-Migración e do Movemento Arxentinos no Exterior, na rolda de prensa.

Manifestacións e concentracións en Galiza en apoio ao pobo palestino e contra o masacre de Gaza

A CIG convoca e participará destas mobilizacións
O venres 9 de xaneiro e o sábado 10 terán lugar distintas concentracións e manifestacións en apoio ao pobo palestino e contra o masacre de Gaza. A manifestación de Vigo sairá ás 18 da tarde da Via Norte e rematará na Porta do Sol, e a CIG é unha das organizacións convocantes desta mobilización, apoiada por distintos colectivos veciñais, sindicais, sociais e políticos. No interior deste nova encontraredes máis información sobre o resto de mobilizacións no resto do país en apoio ao pobo de Palestina.

Venres

As Pontes: Concentración ás 19:00 horas, na Praza do Hospital.

Ferrol: Concentración ás 20:00 horas, diante do Edificio de Xunta, Praza Amada García. Ponferrada: Concentración, ás 20.30 horas na Praza do Concello.

Sábado

Ponteareas: Concentración ás 13:00 horas, diante do Concello.

Vigo: Manifestación ás 18:00 horas, dende O Cruce da Vía Norte con Urzáiz que rematará na Porta do Sol.

Lugo: Concentración ás 20.00 horas, diante da diante da subdelegación do goberno español.

Pontevedra: Manifestación ás 20:00 horas, dende a Praza da Peregrina que rematará fronte a subdelegación do goberno español.

Compostela: Manifestación ás 20:00 horas, dende a Praza do Toural que rematará na Praza do Obradoiro.

A Coruña: Concentración ás 20:30 horas, no Obelisco, Cantóns.

Rolda de prensa  de presentación en Vigo

Para presentar a mobilización que distintas organizacións sindicais, sociais, xuvenís, veciñais e políticas convocaron para o sábado ás seis da tarde en Vigo, desde a Via Norte, realizouse o venres 9 de xaneiro ás 12 da mañá unha rolda de prensa, coa presenza de boa parte dos convocantes, entre os que estaba Xerardo Abraldes, secretario comarcal da CIG de Vigo.

A actriz Uxía Blanco presentou esta rolda de prensa, na que deu lectura ao manifesto que se lerá nesta mobilización, asi como a lista de convocantes. Asi, as entidades convocantes desta mobilización en Vigo son CIG, CCOO, UGT, CUT, Federación Veciñal Eduardo Chao, Asociación Marroqui de Pontevedra, Comunidade Islámica en Galiza, Asociación Multicultural Sen Fronteiras de Vigo, AGARB, Mezquita de Vigo, Federación Galega de Asociacións de Inmigrantes, Movemento Arxentinos no Exterior, Colectivo Vigués pola Memoria Histórica do 36, Amigos da República, ATTAC Galicia, Adega, Comités, Galiza Nova, Briga, BNG, Encontro Irmandiño, FPG, Nós-up, EU, Comunistas da Galiza-PCPE, Nova Esquerda Socialista.  

cig.prensa@galizacig.com