Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 9/10/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Unha mutua denega a unha traballadora un permiso por risco durante a lactación

A Xunta desenténdese do problema alegando que non ten competencias
A CIG-Autonómica denunciou que a unha ATS dunha residencia de maiores de Ferrolterra veñenlle de denegar a solicitude de prestación por risco durante a lactación conforme lle recoñecía o Art. 135 bis da Lei da Seguridade Social, a Lei de Prevención de Riscos Laborais, o Regulamento de Prevención e a Lei 2/2007 do Traballo en igualdade das mulleres de Galiza. Mentres, o Servizo de Prevención da Xunta, consultado sobre o caso e sobre as súas competencias, manifesta a máis absoluta das imposibilidades, alegando que é competencia exclusiva das Mutuas.
Capa da Gúia para a prevención de riscos laborais no embarazo e a lactación, elaborada pola Secretaría da Muller da CIG.

A Lei Xeral da Seguridade Social recoñece que existe situación de risco durante a lactación natural dun/ha fillo/a menor de 9 meses cando as condición de traballo poidesen influir negativamente na saúde da nai ou do/a bebé lactante. Para estes casos a propia lei recoñece un período de suspensión do contrato de traballo e a conseguinte prestación económica para aqueles supostos nos que a nai traballadora non se lle poidera cambear o posto por outro compatível cá súa situación ou tal cambeo non sexa obxectiva ou técnicamente posíbel.

O abuso acontece porque é a propia Mutua de Prevención, neste caso Mutua Gallega del Trabajo, a que ten que pagar a prestación e ao mesmo tempo emitir informes ou valorar os xa achegados pola empresa sobres os riscos para a lactación natural existentes no posto de traballo.

Mentres, o Servizo de Prevención da Xunta de Galiza consultado sobre o caso particular e sobre as súas competencias para facer cumplir a Lei manifesta a máis absoluta das imposibilidades, porque é competencia exclusiva das Mutuas.

Vía xudicial

Segundo indican dende a CIG-Autonómica, unha vez esgotada a vía administrativa o único camiño que lle queda a esta traballadora é iniciar un longo proceso xudicial, que cando remate recoñecendolle ás traballadoras o seu dereito á suspensión de contrato e a prestación manifestarase como ineficaz porque o/a cativo xa terá máis que abandonado o proceso de lactación; e, entretanto estarase a incumprir o espíritu da lei que é garantir que os/as pequenos/as teñan un aleitamento eficaz e seguro durante os primeiros 9 meses de vida.

“A maternidade ten unha cara persoal e familiar, pero tamén a ten colectiva. Ás mulleres levamos moitos anos loitando para poder integrarnos plenamente na vida laboral como para que nestes momentos (nos que ademáis estamos a celebrar a semana internacional da lactancia natural) unha entidade privada nos prive dos nosos dereitos e para que a Administración pública galega consinta nesta situación sen facer cumplir a lei”, sinalan nun comunicado dende a CIG-Autonómica.

cig.prensa@galizacig.com