Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 9/10/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Concentración ás portas de Massimo Dutti contra a modificación das condicións de traballo

A empresa, do Grupo Inditex, pretende eliminar o sistema de comisións global por un individualizado que na práctica suporá unha rebaixa salarial
A CIG-Servizos realizou unha concentración este martes ás portas dunha das tendas de Massimo Dutti (propiedade do Grupo Inditex) na Coruña, en protesta pola modificación substancial das condicións de traballo que a empresa pretende impor ao conxunto das traballadoras e traballadores.

En concreto, explicaba a Secretaria do Comité da provincia da Coruña e delegada da CIG, a empresa pretende modificar o sistema de retribucións, eliminando o cobro da comisión global por horas traballadas e implantando unha comisión individualizada por traballador en función das vendas. Este cambio, matizou, podería supor até unha perda de cen euros nas nóminas do persoal, alén de estabelecer discriminación salariais entre o persoal que está en almacén e o que está na tenda. Ademais, con este método a empresa está claramente fomentando a rivalidade entre os traballadores e traballadoras.

Este sistema de comisión, sinalaron os/as representantes dos traballadores/as, xa foi imposto na maior parte das tendas da firma Massimo Dutti, agás na provincia de Pontevedra e A Coruña, onde grazas á firme oposición dos Comités, con maioría da CIG, esta medida tíñase adiado.

Porén, agora a empresa pretende impor a toda costa esta modificación salarial, que aplicaría a partir do 17 de outubro. Fronte a esta precarización, nunha empresa que hai que lembrar que continúa obtendo millonarios beneficios a pesar do contexto de crise, dende a CIG-Servizos adiantaron que proseguirán coas mobilizacións na defensa dunhas condicións laborais e salariais dignas para as/os traballadoras/es.

cig.prensa@galizacig.com