Esta vez, pola antigüidade, a parte económica, pretende que o paso de trienios a cuadrienios sexa consolidación definitiva e non consolidación. Asi as centrais sindicais subliñan que "pasar de trienios a cuadrienios é transformar a antigüidade, non conxelala, quedando dous conceptos nas follas de salario, un primeiro plus ad personam, onde se manteñan os trienios adquiridos, que aumentarían coa suba de cada convenio e o propio plus de antigüidade que contabilizariase a cuadrienios".
A patronal pretende que "os trienios consolidados non teñan ningún aumento máis no futuro, ao que as centrais sindicais nos negamos con rotundidade, porque isto faría que as traballadoras e traballadores perdesen os seus dereitos, de ter xerada unha cantidade económica, que nunca tería o mesmo aumento que o resto".
O mesmo aumento que o resto de conceptos
Desde as centrais sindicais sinalan que "lle explicamos á Patronal, que tanto nos convenios provinciais do Metal ou da Hostalaria, que si teñen antigüidade conxelada, se lles incrementa nese concepto o aumento salarial de cada ano. Ademais, no Convenio Comercio Alimentación, coa mesma situación de pasar de trienios a cuadrienios, contémplase que os trienios consolidados teñan o mesmo aumento que o resto dos conceptos".
"Non imos permitir que se perxudique ás traballadoras/es"
"As centrais sindicais xamais asinaremos nada que perxudique as nosas compañeiras e compañeiros da Limpeza, e menos que lle quiten salario", anuncian, e informan de que "a patronal quedou en darnos unha resposta para a vindeira semana, e se esta non é a que agardamos, os sindicatos tomaremos as medidas que consideremos oportunas".