Este sindicato CIG, desde Galiza, solidarízase coa vosa xusta loita a favor da liberación dos dous dirixentes do Sindicato Nacional de Trabajadores Mineros, Metalúrgicos, Siderúrgicos y Similares.
Son momentos difíciles e dificultosos do movemento obreiro na nación Mexicana polos continuos ataques e agresións que sufrimos a clase traballadora. Temos absoluta confianza en que van conseguir a súa liberación inmediata porque están asistidos pola razón e que os culpables pagarán as súas provocacións contra o mundo do traballo e o pobo de México.
Camiñaremos e loitaremos conxuntados co Sindicato Mexicano de Electricistas na marcha de protesta programada para o martes, día 9 de Decembro, no Monumento á Revolución.
Desde a nosa Patria de Galiza, daremos a coñecer estes feitos para que sindicatos e organizacións do mundo saiban o que está ocorrendo en México. Non nos cabe dúbida de que estes ataques da dereita neoliberal se converterán en estímulo da loita de clases en defensa dos intereses populares. O futuro é noso. Paremos as agresións á clase obreira!
Reciban unha saúda fraternal e clasista.
- Abelardo Landeira. Secretario xeral adxunto da UIS-TE-FSM
Secretario nacional da Federación Químicas/Enerxía (organización afiliada da UIS-TE, FSM) da Confederación Intersindical Galega.