Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 9/12/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Traballadores/as da sanidade concéntranse diante do Parlamento para esixir o cumprimento dos acordos asinados

Rexeitan a última proposta do Sergas de adiar até 2013 a aplicación íntegra das melloras
Uns mil traballadores e traballadoras da sanidade concentráronse esta tarde diante do Parlamento de Galiza, en Compostela, para protestar contra a suspensión dos acordos asinados en materia retributiva e sobre as condicións de traballo. Dende a CIG-Saúde esíxese o cumprimento íntegro dos acordos e dubídase das garantías que poida achegar a administración agora para aplicar a súa nova proposta.

Pouco despois das 17:00 horas, delegados/as sindicais e traballadores/as da sanidade chegaban nos autobuses procedentes de todas as esquinas do País para esixirlle ao goberno do Partido Popular que modifique as súas posturas e respecte os acordos asinados. Arredor de mil persoas tomaron parte na concentración e, debido á grade participación, rematouse por cortar a circulación do tráfico na céntrica Rúa do Hórreo, onde os pitidos que se escoitaron foros os dos chifres e berros dos manifestantes.

A protesta coincidía co debate da lei de Orzamentos no Parlamento, até onde se trasladaron as mobilizacións que nas últimas semanas veñen desenvolvendo os traballadores/as da Saúde logo de que a Consellaría anunciase a súa intención de suspender os acordos xa asinados e publicados e adiar a súa aplicar completa máis alá do 2012.

A secretaria Nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, sinalaba que tan só o sindicato de médicos aceptou asinar a última proposta presentada pola administración durante a reunión da Mesa Sectorial, sindicato que, lembrou, non aceptou os acordos co anterior goberno por parecerlles “insuficientes”. “Isto é unha chantaxe da administración, advertiu Abuín, e nós non imos someternos a esta chantaxe. Se non foron quen de cumprir os acordos xa asinados e publicados, que garantías temos de que vaian cumprir o que agora nos din”. 

Falla de garantías

Na última xuntanza da Mesa, a Consellaría reiterou a proposta presentada na anterior reunión e adiantou que se vai publicar como Resolución da Administración, sen a necesidade de que exista un acordo sindical. Ao mesmo tempo, dende a Xunta solicitábase ás organizacións sindicais que asinasen un acta de compromiso de seguir negociando na Mesa Sectorial.

Pola súa banda, a plataforma sindical rexeitou unanimemente a proposta, argumentando que o calendario de aplicación fora rexeitado polas asembleas de traballadores/as levadas a cabo nos diferentes centros.

Dende a CIG-Saúde lémbrase que o texto achegado pola administración carece de garantía de cumprimento e debería conter unha cláusula de garantías de que a Xunta se compromete a respectar integramente o texto dos acordos asinados: aspectos retributivos e condicións de traballo.

Novas relacionadas

cig.prensa@galizacig.com