marco
Vigo, 9/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Mobilización da CIG-Ourense contra o retraso da idade da xubilación o mércores 10 de febreiro

Despois dunha asemblea comarcal de delegadas e delegados
A CIG en Ourense inicia a campaña de mobilizacións contra a reforma do sistema público de pensións pola que se pretende retrasar a idade de xubilación e a súa cuantía. Asi, terá lugar o 10 de febreiro unha concentración, despois dunha asemblea de delegadas e delegados desta Unión Comarcal, diante da Subdelegación do Goberno.

Desde as 10 da mañá do mércores dia 10 de febreiro as delegadas e delegados da CIG reuniranse en Asemblea comarcal no Salón de Actos do Local Sindical do Parque San Lázaro.

Concentración

A partir das 11 celebraremos unha concentración diante da Subdelegación do Goberno, no Parque Sán Lázaro "para manifestar a nosa protesta contra o recorte das pensións, esixindo a retirada da lei".