Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 9/2/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG denuncia a política de sancións que está a levar a cabo Sykes Enterprises

A multinacional impuxo, en dous días, suspensión de emprego e soldo a catro traballadoras e traballadores do departamento de Lead Generation de Vodafone
A CIG quere denunciar publicamente a política sancionadora que está a practicar a dirección de Sykes Enterprises no departamento de Lead Generation, de Vodafone, do centro de traballo da Coruña, e que xa ten ocasionado que catro traballadores/as fosen sancionados e ameazados co despedimento.

Protesta do Comité de Sykes, diante das instalacións da empresa na Coruña.

Baixo esta política, a CIG sospeita que a empresa pretende reducir un departamento que ten unha actividade residual dentro da empresa e onde foi situando aquel persoal que a multinacional quería meter no Expediente de regulación de emprego, pero que a xustiza lle impediu despedir, como é o caso, entre outros/as, dos delegados e delegadas sindicais.

A empresa ten sancionado nos últimos dous días a catro traballadores/as argumentando que supostamente deixan conectada a liña unha vez remata a chamada co cliente, o que, segundo Sykes, ocasiona gastos á empresa e pode ser motivo de denuncia por parte do cliente, xa que a liña lle queda ocupada. Acusación que rexeitan as traballadoras e traballadores pois en ningún momento se lles advertiu previamente de que este feito puidese ocorrer. Ademais, hai que ter en conta que esta campaña de Vodafone leva moitos anos funcionando a través de Sykes sen que até agora se producise ningún incidente digno de sanción. 

Xunto ás sancións, que nalgúns casos chegan á suspensión de emprego e soldo durante 15 días, Sykes está ameazando aos traballadores/as afectados cun posíbel despedimento disciplinario por esta suposta falta. 

No último ano Sykes Enterprises despediu a preto de 400 persoas no centro da Coruña entre persoal de obra e traballadores/as indefinidos/as. Para a CIG esta é unha nova estrataxema da multinacional do telemárqueting para continuar coa súa política de despedimentos e desmantelamento da plataforma coruñesa.

Fronte a este abuso, o Comité realizou un acto de protesta este mesmo mércores diante das instalacións da empresa e ten convocado para o vindeiro martes, 15 de febreiro, un paro de media hora, entre ás 11:30 e as 12:00 horas. A protesta desenvolverase diante das novas oficinas de Sykes (rúa Copérnico nº6, (edificio BCA- 2º).

cig.prensa@galizacig.com