As mesmas fontes consultadas pola CIG de Valdeorras aseguran que "o prezo das "actas de delegados caciqueados" subiu en exceso e que, en xusta compensación, como contrapartida, non basta con venderse na negociación do convenio da lousa. A partires de agora o señor Pepe Paradelo deberá saír a defender publicamente aos empresarios da lousa ante calquera situación de perigo ou ante críticas que proveñan das organizacións sindicais de clase".
Desde a CIG de Valdeorras denuncian que "o seu debut chegou cando, sen ser requirido e sen que ninguén o previra, manifestou o seu apoio inquebrantábel a un grupo de patronos que estaban a ser xulgados por presunto fraude fiscal. Iso si que é solidariedade!"
"Defendeu o traballo por comida"
A última aparición, deica o momento, tivo lugar esta mesma semana, subliñan desde a CIG de Valdeorras, "cando actuou como portavoz do macro grupo empresarial CUPA, defendendo o seu particular sistema de relación contractual: traballo por comida".