Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 9/3/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG manifesta a súa satisfacción pola sinatura do acordo que pon fin á folga indefinida de instalacións deportivas

Acádase o obxectivo de chegar a ser mileuristas e estabilidade horaria na xornada
Foron necesarios 47 días de folga (os últimos 36 de folga indefinida), manifestacións, concentracións, peches e onte máis de 7 horas de xuntanza para que as traballadoras e traballadores de instalacións deportivas puideran acadar o seu principal obxectivo: asinar un convenio que os permita chegar a ser mileuristas no ano 2012. A CIG-Servizos manifesta a súa satisfacción tras asinarse este acordo que pon fin a un dos conflitos máis duros dos vividos no sector.
Concentración na Praza de María Pita.

Paulo Rubido, secretario nacional da federación de Servizos da CIG salienta que con este acordo báixase un ano a vixencia do convenio, acádase unha xornada de 38 horas para 2012, elimínase a distribución irregular da xornada para os contratos inferiores ás 30 horas, garantindo así unha maior estabilidade nos horarios e un 85% en caso de IT en todos os supostos.

O marco previo era o convenio estatal de perruquerías e ximnasios, que marca salarios brutos de 720 euros ao mes. O actual estabelece para os anos 2010 e 2011 subas superiores ao 8% cada ano e do 10% no último. “Desta forma os traballadores chegan ao obxectivo sindical de seren mileuristas”, afirma Rubido.

Este convenio tivo que superar ademais un dos escollos principais, que era garantir que se preservaran as condicións laborais daqueles que tiñan convenio propio superior ao estatal. “Presérvase en todos os casos as condicións daqueles que teñan mellores xornadas, mellores condicións en caso de IT; consolídanse as mellores condicións económicas e estabelécese un incremento salarial por tramos, en función do salario, beneficiando aos que cobrando por riba teñan os salarios máis baixos”.

Documentos
Acordo instalacions deportivas.pdf
cig.prensa@galizacig.com