Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 9/7/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Cuarta xornada de folga en IPISA mentres a dirección da empresa mantén un total mutismo

Os traballadores/as continuarán coas medidas de presión até ter garantías de que van cobrar as nóminas atrasadas
Os traballadores e as traballadoras de IPISA desenvolveron a cuarta xornada de folga na empresa, á espera de que a dirección realice algún movemento ou achegue algunha resposta. O persoal, que continuará coas protestas até ter garantías de que van cobrar as tres nóminas adebedadas e a paga extraordinaria de marzo, desenvolveu novas marchas polas rúas de O Barco e mantivo concentracións diante dos domicilios dos socios da louseira.

Ás sete da mañá do xoves 9 de xullo, o persoal de IPISA iniciaba unha concentración diante da casa dun dos socios da empresa que se prolongaría durante unhas dúas horas. A acción estivera precedida o día anterior por concentracións diante dos domicilios de outros dous socios da louseira, Siro Vega e Emeterio Vega, aos que se lle reclama que asuman as súas responsabilidades e fagan fronte ás débedas contraídas cos operarios/as.

Posteriormente desenvolveron unha nova manifestación polas rúas de O Barco de Valdeorras, parando diante das oficinas que Iberoitaliana de Pizarras ten situadas no centro do municipio Finalmente a marcha rematou ante as portas do Concello.

Reunión co superdelegado

Os traballadores mantiveron unha xuntanza co superdelegado da Xunta en Ourense, na que explicaron a situación na que se atopan e expuxeron o acontecido na empresa durante estes dous últimos anos. Pola súa banda, o responsábel territorial, que estivo acompañado polo xefe territorial de Traballo, comprometeuse a mediar no conflito e a  iniciar contactos coa dirección da louseira na procura de buscar unha resposta e unha solución aos problemas que padece o persoal.

Nova xornada de paro

O persoal continuará mañá venres coa quinta xornada de folga na fábrica de A Medua e desenvolverá novas mobilizacións. Así mesmo, na asemblea de traballadores/as acordarase un novo calendario de accións levar a cabo durante a vindeira semana, xa o mutismo da dirección e a falta de propostas fai indicar que o conflito se vai prolongar no tempo.

cig.prensa@galizacig.com