Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 9/7/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O persoal de Industrias Caamaño inicia unha nova semana de folga para esixir o cobro dos atrasos e a readmisión dos despedidos

Os traballadoras saíron novamente polas rúas de Culleredo para información á cidadanía da súa difícil situación laboral
O persoal de Industrias Caamaño continúa adiante co calendario de mobilizacións en demanda do cobro dos atrasos salariais e a readmisión dos compañeiros despedidos por reivindicar o que lexitimamente lle corresponde.

Esta semana, os traballadores van desenvolver paros diarios de catro horas e novas accións de protesta, xa que o empresario mantén o seu total inmobilismo e nin paga as contías adebedadas (que xa ascenden a unha media duns 6.000 euros por traballador) nin se avén a abrir unha mesa de negociacións.

De feito, a empresa ameazou á representación dos traballadores con executar novos despedimentos mentres que está contratando operarios para sacar adiante as tarefas do persoal en folga. Así as cousas, os traballadores decidiron continuar co calendario de paros de catro horas e levar a cabo novas accións reivindicativas.

Deste xeito, o pasado venres levaron as súas demandas até a porta mesma do domicilio do propietario, e este luns proseguiron co reparto de follas informativas entre a cidadanía e a pegada cartaces reivindicativos.

Os paros proseguirán mañá entre as 08:00 e as 12:00 horas.

cig.prensa@galizacig.com