Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 9/9/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Os traballadores/as de A Nosa Terra iniciarán un calendario de mobilizacións ante a falta de información sobre o seu futuro

Dende a CIG-Químicas denuncian que a campaña mediática do seu presidente oculta as verdadeiras razóns da quebra
Os traballadores e traballadoras do semanario A Nosa Terra comezarán a partir deste luns un calendario de mobilizacións para denunciar a situación que están a padecer dende que a dirección presentou un Expediente de Regulación de Emprego que afecta á práctica totalidade dos 28 asalariados/as. Dende a CIG-Químicas lembran que a única información sobre o seu futuro que está a recibir provén das entrevistas do seu presidente na prensa, ao que acusan de ocultar que a quebra económica produciuse como consecuencia dunha mala xestión.

As críticas do sindicato nacionalista céntranse fundamentalmente na falta de transparencia con que ao seu xuízo están a actuar os responsábeis da histórica publicación e lembran que a única información que reciben os empregados/as provén das entrevistas que o seu presidente, Alfonso Eiré, está a conceder a distintos medios de comunicación. Nestas comparecencias sinala a falta de apoio institucional como causa de que A Nosa Terra se deixase de imprimir e teña presentado un concurso de acreedores. Dende a CIG critican tamén o escaso apoio da Xunta aos medios que utilizan o galego como lingua de expresión, aínda que sosteñen que foi “unha mala xestión” a que levou ao semanario á actual situación de quebra económica.

Neste senso, censuran que Eiré manifeste carecer de liquidez para abonar os dous meses de salario que lles adebeda aos operarios/as “ao tempo que se presenta na sede da empresa para anunciar o ERE escoltado por dous avogados de Cuatrecasas, un dos bufetes máis caros do Estado”. Estes letrados comunicáronlle aos afectados/as que en breve adoptarán “medidas definitivas” e que a intención da compañía é abonar só 30 días de soldo.

cig.prensa@galizacig.com