Os obxectivos deste novo sistema regrado de xestión dos recursos e das accións formativas ten que ver co intento da secretaría confederal de Formación para o Emprego de facer partícipes, nos procesos de programación da formación, planificación da execución formativa e avaliación dos resultados, a todos os suxeitos que teñen algo que aportar nesta materia, tanto aos responsábeis da estrutura sindical, como aos propios traballadores e traballadoras que, ao cabo, son os receptores das accións formativas.
Na actualidade, logo de consensuar e acordar nas distintas comisións comarcais da Acción Formativa, entre comarcas, federacións, unións locais e FORGA, as solicitudes de cursos a presentar perante a consellaría de Traballo (Preprogramación), iníciase o proceso de difusión da programación solicitada, así como de planificación da súa execución por medio das comisións comarcais da acción formativa.
Trátase, xa que logo, de promover que a decisión dos destinatarios e destinatarias da formación, as traballadoras e traballadores, se teña en conta nas distintas fases do proceso de programación e execución da formación.