27/4/2010
Baixo os lemas “ Emprego e salarios dignos. Non ao pacto social” e “O déficit público que o pague o capital. Reforma fiscal xa!”
A CIG convocará para o Primeiro de Maio, ‘Día do Internacionalismo Proletario’ manifestacións en todas as comarcas baixo os lemas “Emprego e salarios dignos. Non ao pacto social” e “O déficit público que o pague o capital. Reforma fiscal xa!”. A manifestación central, como en anos anteriores, terá lugar en Vigo, con saída do Cruce da Doblada ás 12:00 horas.
Nestes dous lemas preténdense sintetizar os
eixos nos que a central sindical centrará a campaña a desenvolver arredor desta
significativa data. Por unha banda, salientando os principais problemas que
padece a clase traballadora por mor da crise: emprego e salarios e, pola outra,
reclamando unha reforma fiscal para que se garanta a progresividade do sistema
e que paguen máis quen máis teñen.
22/4/2010
Abordouse a reforma laboral e a necesidade de avanzar nun modelo económico máis xusto e solidario
Delegados e delegadas da CIG en A Coruña participaron na mañá deste xoves na asemblea comarcal previa á conmemoración do Día Internacional da clase traballadora. O Secretario Comarcal, Paulo Carril, foi o encargado de explicar os motivos e as reivindicacións que levarán á CIG novamente á rúa este Primeiro de Maio, unha data máis vixente ca nunca diante do recorte dos dereitos dos traballadores e traballadoras, chegados da man dos pactos de contención salarial, da reforma da seguridade social e dunha reforma laboral que pretende cargar na clase obreira as causas e as consecuencias desta crise mentres o capital continúa “campando as súas anchas”.
21/4/2010
Proxectouse unha peza audiovisual de 15 minutos, que realizaba un resumo da acción sindical e achegaba reflexións sobre a crise
Desde as dez da mañá no Salón de Actos dos Capuchinos da cidade de Vigo tiña lugar unha asemblea de delegados e delegadas da central sindical nacionalista nesta comarca. Nesta xuntanza interviron o secretario comarcal da CIG de Vigo, Serafín Otero, o secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, Antolín Alcántara, e Antonio Iglesias, secretario comarcal da CIG-Saúde de Vigo. Presentaron a campaña e contido do 1º de maio deste ano, e realizaron un chamamento a unha participación masiva nesta mobilización. Tamén se tratou a cuestión da reforma laboral e as mobilizacións na defensa da sanidade pública, na defensa dos Servizos Sociais e contra o peche do Hospital da Cruz Vermella nesta cidade.
1/5/2009
Baixo o lema “Polo Emprego, os Dereitos e as Prestacións Sociais”, nas sete cidades galegas, Ribeira e A Mariña
A Confederación Intersindical Galega mobilizou nas manifestacións convocadas nas sete cidades, na Mariña e en Ribeira a máis de 20.000 traballadores e traballadoras que baixo o lema “Polo Emprego, Dereitos e Prestacións Sociais” se sumaron ás reivindicacións realizadas pola central, fronte á continuidade da aposta polo modelo neoliberal feita polos goberno e a patronal e a prol dun modelo económico e social máis xusto e solidario. A manifestación máis numerosa foi a celebrada en Vigo, onde participaron preto de 12.000 persoas.
29/4/2009
Manifestación o Primeiro de Maio ás 12:00 horas con saída na Doblada
A CIG Vigo pediu á clase traballadora que
ofreza unha resposta contundente a actitude mantida pola patronal e as febles
medidas adoptadas pola administración fronte a situación de crise que vive a
comarca. O secretario da CIG de Vigo, Xerardo Abraldes, lembrou que na comarca
xa hai rexistrados máis de 38.000 parados e paradas, demandou a urxente creación
do salario social, criticou as axudas a fondo perdido entregadas polo goberno
aos bancos e animou a todos os traballadores/as a participar o venres 1 de maio
na manifestación convocada ás 12:00 horas na Doblada.
29/4/2009
A CIG convoca manifestacións en todas as comarcas do País no Día Internacional da Clase Traballadora
A CIG vai desenvolver o vindeiro 1 de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, unha campaña de manifestacións por
todo o País, continuando as mobilizacións que nos últimos meses a central veu desenvolvendo para reclamar que a crise a pague o capital. Este ano o lema das manifestacións será “Emprego, Dereitos e Prestacións Sociais” reivindicacións históricas
que cobran especial importancia nestes tempos de crise non só económica, senón tamén de sistema. A intensidade coa que se está a desenvolver a crise do capitalismo, está provocando de xeito acelerado a destrución de miles de emprego en Galiza. As empresas aproveitan a caída da actividade para impoñer despedimentos baratos do persoal con contratos fixos por medio de ERE. Non debemos esquecer as cifras do paro dos últimos meses, que superan xa os 200.000 desempregados/as no País, a falla de cobertura das prestacións sociais, a presentación diaria de expedientes de regulación ou a paralización interesada da negociación dos convenios colectivos por parte da patronal.
28/4/2009
A central chama a participar na manifestación convocada o 1 de Maio ás 12:00 horas, con saída no Pavillón dos Remedios
Máis de 500 traballadores/as da provincia de Ourense
víronse afectados/as por expedientes de regulación de emprego no que vai de
ano, segundo deu a coñecer a CIG de Ourense, quen fixo un chamamento á cidadanía
para participar na manifestación que o vindeiro Primeiro de Maio ten convocada
a central comarcal ás 12:00 horas no Pavillón dos Remedios.