Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Praça Tahrir, Parque Gezi: próxima estação Avenida Paulista?
19/06/2013Francisco Carlos Teixeira
O PT se forjou nas ruas, nas universidades e nas fábricas: são as ruas que devem corrigir o curso de um projeto concreto, popular, includente e se...
A coacción alemá
18/06/2013Ignacio Ramonet
A escala planetaria, as demais grandes economías, Estados Unidos e Xapón, volveron ao crecemento mentres a UE segue sumida na recesión. Por iso Ã...
Por que se fan os recortes?
18/06/2013Vicenç Navarro
O goberno Rajoy recortou 6.000 millóns de euros en sanidade, cando podería conseguir máis diñeiro anulando a baixada do imposto ás grandes empr...
Pensións: Rebaixa inxusta e inxustificada
17/06/2013Antonio Antón
O Goberno do PP prepara unha reforma profunda e regresiva do sistema público de pensións. O efecto das medidas fundamentais propostas no Informe d...
O significado mais profundo da espionagem em massa nos EUA
17/06/2013James Petras
A revelação de que o regime utiliza a Agência de Segurança Nacional (NSA na sigla em inglês) para espionar secretamente as comunicações de ce...
Migración de «perroflautas»
13/06/2013Xurxo Martiz Crespo
A Coruña
11/4/2013 O Comité insiste en que a empresa está a desviar as chamadas a outros centros para xustificar esta redución de persoal
Os traballadores e traballadoras da plataforma de Atento Teleservicios na Coruña continuaron este xoves co calendario de mobilizacións acordado de xeito urxente, logo de que a empresa comunicase que vai despedir a 112 empregadas/os do servizo de Pymes e outros 30 de CAT-Adsl. As protestas continuarán mañá e a vindeira semana, ademais, están convocados paros de unha hora por quenda de traballo.
10/4/2013 O persoal continúa cos peches rotatorios nas instalacións da factoría
Traballadores e traballadoras da Fábrica de Armas protagonizaron unha nova manifestación este mércores, dende a factoría até a rotonda do Alcampo de Palavea, en rexeitamento ao peche das instalacións e para esixir a implicación da Xunta e o Ministerio de Fomento neste conflito e garantir a continuidade da actividade industrial. Ademais da manifestación, o persoal continúa desenvolvendo peches rotatorios nas instalacións.
9/4/2013 Solicitan unha reunión urxente co novo Xerente de Atención Integrada para abordar o desmantelamento progresivo deste servizo
A Xunta de Persoal da Xerencia de Atención Integrada da Coruña vén de reclamar a cobertura inmediata da praza de xinecoloxía do COF do Ventorrillo, xa que logo de transcorridos tres meses o Sergas continúa sen atender as demandas do persoal sanitario e a cidadanía a este respecto. O Centro de Orientación Familiar permanece sen xinecólogo/a, logo de que o especialista que atendía o servizo se xubilase e o Sergas decidise non cubrir a praza e remitir as usuarias/os á o COF de Orillamar. Medida que suscitou a convocatoria de varias mobilizacións.
5/4/2013 A marcha sairá ás 12:00 horas dende a Praza da Palloza e rematará no Obelisco
O Comité da Fábrica de Armas da Coruña ten convocada para este domingo, 7 de abril, unha gran manifestación polas rúas da cidade en contra da decisión de General Dynamics de pechar as instalacións e na defensa de todos os postos de traballo e o futuro industrial da comarca. A manifestación sairá ás 12:00 horas dende a Praza da Palloza e rematará no Obelisco.
22/3/2013 A marcha sairá ás 12:00 horas da Praza da Palloza e rematará na Delegación do Goberno
Os traballadores e traballadoras de Santa Bárbara Systems volverán manifestarse polas rúas da Coruña o sábado 23 de marzo, cunha marcha que partirá da Praza da Palloza ás doce do mediodía e irá até a Delegación do Goberno, onde se vai facer entrega dun escrito dirixido ao Ministerio de Defensa, reclamando a súa implicación a favor da continuidade da factoría e o futuro industrial da comarca.
19/3/2013 Derivados das políticas de desmantelamento e amortización de postos de traballo que está a aplicar a Xunta en todos os departamentos
A CIG-Administración da Coruña vén de denunciar en rolda de prensa as consecuencias que están as ter as políticas privatizadoras e de amortización da Xunta do PP, que suporán a perda de emprego público e a desaparición de moitos servizos públicos na comarca. Unha política de desmantelamento da administración, explicou a Secretaria Nacional da Federación da CIG, Maricarme López Santamariña, que está comezando a reflectirse mesmo nos datos da EPA, pois xa recolle un acelerado ritmo de destrución de emprego de carácter público.
12/3/2013 Persoal de Dependencia de Ferrol mantivo unha reunión co alcalde e o do Complexo Xuvenil de Gandarío convoca unha concentración
O Comité de empresa de Traballo e Benestar da provincia da Coruña mantivo este martes unha reunión có alcalde de Ferrol e presidente da Fegamp, para tratar das amortizacións de postos de traballo na Oficina de Valoración da Dependencia e Discapacidades de Ferrol e o seu traslado á cidade da Coruña. Na xuntanza estiveron presentes así mesmo traballadoras desta Oficina da Dependencia.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com