Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Estado español: De reformas fiscais e concertación social
07/04/2014Albert Recio Andreu
Apostar por rebaixas fiscais, como suxire o goberno, é continuar o vieiro da demolición de dereitos sociais, impedir unha restruturación profund...
O nó gordiano da esquerda
07/04/2014Emir Sader
Nas economías de mercado, o Estado, para implementar políticas de redistribución do ingreso, como contrapeso dos mecanismos de concentración do ...
Ucrânia: O acordo com o FMI conduz à mesma depressão que na Grécia
07/04/2014Jack Rasmus
A 27 de março de 2014, o FMI deu a conhecer as linhas mestras das condições para os seus empréstimos e outras medidas destinadas à economia ucr...
Medre das desigualdades: A súa meirande (e máis silenciada) causa
03/04/2014Vicenç Navarro
As causas das desigualdades son políticas e teñen que ver predominantemente co grao de influencia política que os propietarios do capital teñen ...
10 factos chocantes sobre os Estados Unidos
03/04/2014António Santos
São mais os países do mundo em que os EUA já intervieram militarmente do que aqueles em que ainda não o fizeram. Números conservadores apontam ...
Referendo en Crimea
19/03/2014Jacques Sapir
A Coruña
21/2/2013 Logo de coñecerse o demoledor informe da delegación europea sobre a situación da ría e co obxectivo de forzar un entendemento para avanzar na recuperación e rexenaración da área
Ante a reiterada falta de avances nas actuacións na Ría do Burgo e logo de coñecerse as contundentes conclusión da visita da Delegación do Parlamento Europeo á zona, a Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo (da que forma parte a CIG) e a Confraría de Pescadores da Coruña veñen de convocar a todas as administracións implicadas a unha reunión no salón de Actos da Casa do Mar o vindeiro venres 1 de marzo, ás 17:00 horas.
14/2/2013 Advirten que esixirá o mantemento da actividade e dos postos de traballo
A Sección Sindical da CIG en Santa Bárbara vén de manifestar o seu máis enérxico rexeitamento ao anuncio da Dirección da Empresa de pechar a Fábrica de armas da Coruña. Dende a Sección Sindical critícase que o grupo General Dynamics non teña cumprido cos seus compromisos de inversións tecnolóxicas e achega de carga de traballo que adquiriu no momento da súa privatización, “como o demostran as Contas de Resultados Anuais, nas cales queda patente a dependencia case absoluta dos pedidos do Ministerio de Defensa”.
11/2/2013 Contempla un incremento salarial do 0% para 2011; do 0% para 2012; do 0,8% para 2013 e do 1% para 2014
A CIG-Servizos vén de expresar o seu rexeitamento ao convenio do sector de limpeza de edificios e locais da Coruña asinado por CCOO e UGT, que supón aceitar un acordo que contempla condicións salariais mesmo inferiores á peor das propostas presentadas con anterioridade pola patronal e que estas mesmas centrais sindicais se negaron a asinar, no seu momento, chegando a convocar mobilizacións para demandar melloras.
6/2/2013 Alertan da situación de “caos total” e das longas esperas que teñen que padecer os/as enfermos/as
Ao pouco de levantar o peche itinerante que as organizacións sindicais da saúde están a realizar en contra dos recortes orzamentarios para a prestación sanitaria e a rebaixa salarial, a Comisión de Centro do CHUAC emitía un comunicado para dar a coñecer a situación de “extrema gravidade” que sofren os doentes ingresados/as do Servizo de Urxencias do hospital da Coruña.
1/2/2013 O persoal atopouse este luns coas portas das oficinas cerradas e as pechaduras cambiadas
Os traballadores de Estruturas y Obras de Galicia (ESOGA) denunciaron publicamente este venres a situación de total indefensión na que se atopan tras a “desaparición” do administración único da empresa, sen comunicarlles o peche da mesma, sen entregarlle as cartas de despedimento e debéndolle os salarios dos dous últimos meses.
23/1/2013 A pasada fin de semana produciuse un vertido de residuos directamente ao mar tras o desbordamento dunha das balsas da planta de Nostián
O Comité de Albada (empresa concesionaria da planta de tratamento de residuos de Nostián) formulou denuncia este mércores diante da Policía Autonómica pola comisión dun posíbel delito contra o medio ambiente, logo de que a pasada fin de semana se producira un verquido incontrolado de lixiviados directamente ao mar, tras desbordarse unha das balsas das instalacións.
8/1/2013 A Sección Sindical da CIG denuncia a política do medo que pretende impor a empresa de telemárketing entre o persoal
Centos de traballadores e traballadoras de Extel (A Coruña) están secundando este martes unha xornada de paros de unha hora (por quenda de traballo) e manifestacións dende as instalacións da empresa até as oficinas de Adecco (grupo ao que pertence) para esixir a readmisión do persoal despedido, demandar que se manteña o nivel de emprego e denunciar a política do medo que pretende impor a multinacional.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com