Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Para a segunda metade de 2012 o ritmo da economía mundial mostraba dúas velocidades: dunha banda, Estados Unidos e Europa con crecemento económic...
Así se venderon as preferentes de Caixa Galicia
22/05/2013Clodomiro Montero M.
No ano 2007 o Director Comercial de Caixa Galicia a nivel galego deu instrucións moi claras e precisas aos Directores das Oficinas para que se util...
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
As modificacións na división internacional do traballo poñen de manifesto a presión nas cadeas de produción; a externalización de custos permi...
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
A intensificação da crise, seja por meio do aumento dramático do desemprego em países como a Grécia e a Espanha ou por meio da degradação reg...
Morre Videla, o último bandido da oligarquia argentina
20/05/2013Óscar Guisoni
Na madrugada de 17 de maio morreu como havia nascido, entre armas, na solidão e no ostracismo, tal como devia morrer: na prisão, condenado por seu...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
A Coruña
27/12/2011 O paro desenvolverase entre as 21 e as 22 horas do mércores 28 de decembro
As organización sindicais teñen convocada folga parcial este mércores 28 de decembro no Centro Comercial Catro Camiños da Coruña contra as pretensións das grandes empresas de atrasar o horario de peche das 21 ás 22 horas. Precisamente, será nesta hora extraordinaria que se quere impor ao persoal cando teña lugar o paro laboral.
23/12/2011 A empresa impúxolle unha sanción exemplarizante logo de negarse a realizar a descarga dun camión en plena rúa, nunha zona non habilitada
Delegados e delegadas da CIG desenvolveron esta mañá unha protesta no supermercado que Gadis ten na Praza de Lugo da Coruña en contra da persecución e acoso que a empresa está a practicar contra un membro do Comité provincial e afiliado á central nacionalista. A empresa de distribución vén de impor unha sanción por falta moi grave a este delegado por negarse a realizar a descarga dun camión estacionado no medio da rúa pola que circulaban os vehículos.
20/12/2011 A sentenza declara a “nulidade radical da conduta da empresa” e ordena o pagamento da prima de 3.000 euros que denegou a empregada como represalia
O Xulgado do Social número 3 da Coruña vén de ditar sentenza pola que condena a Mercadona a abonar a prima por obxectivos de 3.175 euros que a empresa denegou a unha traballadora como represalia por integrar a candidatura da CIG para o Comité provincial. Así mesmo, o xulgado declara a “nulidade radical” da conduta vulneradora da liberdade sindical da empregada e ordena o “cese inmediato” do comportamento antisindical da empresa.
11/11/2011 O persoal insta a Emalcsa e ao Concello da Coruña, como titulares da contrata, a que asuman as súas responsabilidades nestes conflito
Os traballadores de Valoriza Auga da Coruña están secundando estes venres a segunda xornada de folga en contra da paralización da negociación do novo convenio e contra os incumprimentos por parte da empresa da normativa laboral e das condicións técnicas recollidas na contrata con Emalcsa.
4/11/2011 O persoal volve reclamar que se responda á solicitude de reunión, cursada xa a mediados de outubro, co Director Xerente e o Alcalde da Coruña
Diante das noticias a respecto da convocatoria trasladada por Emalcsa aos responsábeis de Valoriza Auga para tratar o conflito laboral, os traballadores da empresa de limpeza de sumidoiros solicitan da xestora municipal de augas que tamén dea resposta á súa solicitude e manteña unha xuntanza coa parte social. O persoal volve reclamar á convocatoria da reunión solicitada hai máis de quince días co Director Xerente de Emalcsa e co Alcalde da Coruña, e que polo de agora aínda non recibiron contestación.
4/11/2011 A empresa impuxo sancións inxustificadas a membros do Comité por reclamar dereitos e a traballadores/as que solicitaron a redución de xornada por coidade de fillos/as menores
O Comité de ThyssenKrupp Elevadores, empresa dedicada á instalación e mantemento de ascensores e escaleiras mecánicas, ten convocada unha concentración para o luns 7 de novembro, ás 19:15 horas, diante das instalacións que a compañía ten na Coruña. Coa protesta, o Comité quere denunciar publicamente a situación de acoso laboral á que se vén sometidos tanto os/as traballadores/as como a representación do persoal.
2/11/2011 O persoal solicitou a Emalcsa, empresa municipal concesionaria do servizo de limpeza da rede de sumidoiros, que medie para buscar unha solución ao conflito
Os traballadores de Valoriza Auga que se encarga da limpeza da rede de sumidoiros da Coruña secundan este mércores a primeira xornada de folga en contra da paralización da negociación do novo convenio e contra a modificación substancial das condicións de traballo a oito operarios. Con ocasión do paro, os traballadores realizaron unha concentración diante da sede de Emalcsa (Empresa Municipal de Augas da Coruña) para demandar da entidade, como concesionaria do servizo, que medie no conflito e non permita nin dea cobertura ás ilegalidades cometidas por Valoriza Auga.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com