26/10/2011
Os paros desenvolveranse os días 2, 11, 16 e 17 de novembro e terán carácter indefinido a partires do día 1 de decembro
Os traballadores/as de Valoriza Auga que se encargan dos servizos de limpeza da rede de sumidoiros da Coruña irán á folga os días 2, 11, 16 e 17 de novembro en contra da paralización unilateral por parte da empresa da negociación do novo convenio. Así mesmo, coa folga, que terá carácter indefinido a partir do 1 de decembro e que tamén se aplicará a toda actividade laboral fóra de xornada, quérese rexeitar a modificación substancial das condicións de traballo para oito operarios.
20/10/2011
A empresa cambiou un complemento salarial aos encargados/as que supón unha caída das retribucións de entre 100 e 300 euros ao mes
Traballadores e traballadoras do Grupo Cortefiel realizaron unha concentración este mediodía ás portas da tenda Springfield que a compañía do comercio téxtil ten na Rúa Real da Coruña, en protesta polo recorte salarial decretado unilateralmente pola dirección e contra os reiterados incumprimentos do convenio e a normativa laboral.
29/9/2011
A central acada seis dos nove delegados/as que integrarán o Comité de empresa
A CIG-Saúde vén de consolidar a maioría absoluta nas eleccións sindicais celebradas o mércores 28 de setembro no Hospital San Rafael. A central nacionalista obtivo seis delegados/as fronte aos/ás tres representantes acadados por CCOO. Con este resultado a CIG-Saúde mantense como primeira forza sindical neste centro.
27/9/2011
O persoal rexeita o ERE de extinción e pide a continuidade da edición dixital do diario, xa que ten “viabilidade xornalística e económica”
Os traballadores/as de Xornal de Galicia iniciaron na mañá deste martes mobilizacións para manifestar o rexeitamento ao peche da edición dixital, para o que a empresa presentou un ERE de extinción que afecta aos/ás 38 traballadores/as. Coa protesta, o persoal quere reivindicar a a viabilidade da edición dixital de Xornal.com e o mantemento dos postos de traballo, ao tempo que denuncia o incumprimento da promesa de potencial o dixital realizada pola dirección tras o peche da edición en papel hai mes e medio.
15/9/2011
A empresa incumpriu os dous últimos prazos e xa acumula unha débeda co persoal que vai dende os 8.000 até os 19.000 euros
Un grupo de ex traballadores de Grúas Vidal desenvolveu unha protesta na mañá deste xoves para reclamar da empresa que faga efectivo ao pagamento das cantidades aínda pendentes das indemnizacións por despedimento. A mobilización desenvolveuse en primeiro lugar nas instalacións da compañía na Coruña para trasladarse posteriormente até a explanada próxima do centro comercial Marineda City, co obxecto de darlle maior visibilidade.
9/9/2011
Esta semana produciuse a suspensión dun xuízo pola falta de asistencia de médicos forenses
O Sector de Xustiza da CIG vén de reiterar as denuncias pola falta de organización e a mala xestión do Imelga (Instituto de Medicina Legal de Galiza) da Coruña, que está a provocar atrasos procedementos xudiciais. De feito, esta mesma semana foi suspendido un xuízo pola falta de asistencia dos médicos forenses. Ante esta situación, a central demanda a actuación urxente da Xunta como responsábel última do instituto.
28/7/2011
Un grupo de traballadores realizou unha concentración diante da Delegación da Consellaría de Traballo na Coruña
Traballadores de Elaborados Metálicos Emesa continuaron esta mañá as mobilizacións que dende hai meses veñen desenvolvendo en defensa do emprego na factoría de Coirós e para demandar “dunha vez” á Xunta unha implicación real neste conflito. Dende o Comité volveron advertir que a partir do mes de setembro, data na que remata a vixencia do terceiro ERE temporal, haberá novos despedimentos na filial de Isolux Corsán.