Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Chipre: A troika provoca o primeiro ‘corralito’ europeo
23/05/2013Jérome Duval
Chipre únese ao club dos países baixo a administración da troika. A poboación chipriota súmase ao “apertar o cinto” para salvar os bancos p...
Desafiuzamentos e recortes: a violencia “democrática” do poder financeiro
23/05/2013Jorge Fonseca
Os desafiuzamentos forman parte inseparábel do espolio social a favor do capital financeiro. A burbulla inmobiliaria foi creada pola especulación ...
Crise económica: Por que non aumentar os salarios?
23/05/2013Michel Husson
Aumentar os salarios sería algo que melloraría o nivel de vida dos asalariados e relanzaría o consumo, por tanto a actividade económica e por ta...
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Para a segunda metade de 2012 o ritmo da economía mundial mostraba dúas velocidades: dunha banda, Estados Unidos e Europa con crecemento económic...
Así se venderon as preferentes de Caixa Galicia
22/05/2013Clodomiro Montero M.
No ano 2007 o Director Comercial de Caixa Galicia a nivel galego deu instrucións moi claras e precisas aos Directores das Oficinas para que se util...
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
A Coruña
18/7/2011 Albada comprométese a readmitir o empregado despedido e acepta un novo sistema de quendas
Os traballadores e traballadoras de Albada, a empresa concesionaria da planta de tratamento de residuos de Nostián, na Coruña, decidiron en asemblea desconvocar a folga indefinida que mantiñan dende hai case unha semana e déronlle o visto bo ao novo convenio colectivo. As negociacións, que se prolongaron durante máis de 10 horas, pecháronse na madrugada do sábado despois de que a compañía se comprometese a readmitir a un empregado e aceptase o sistema de quendas de traballo proposto polo comité de empresa.
11/7/2011 O comité de empresa denunciará os servizos mínimos, fixados no 95%, ao consideralos abusivos
A práctica totalidade do cadro de persoal da empresa Albada, concesionaria da planta de tratamento de residuos da Coruña, secundou a primeira xornada de folga convocada para esixir a readmisión do compañeiro despedido e reclamar o cumprimento do preacordo acadado o pasado 24 de abril. O comité anunciou que denunciará os servizos mínimos ao consideralos abusivos xa que a compañía fixounos no 95% dos traballadores e traballadoras que se atopan activos neste momento tendo en conta que parte do plantel goza na actualidade das súas vacacións de verán.
28/6/2011 O paro farase efectivo dende ás 21:00 horas
O Comité de Albada acordou, durante a xuntanza celebrada esta tarde no edificio de sindicatos, convocar folga indefinida na planta de tratamento de residuos urbanos de Nostián, a partir das 21:00 horas do próximo domingo 10 de xullo.
27/6/2011 A central solicita unha xuntanza co Presidente da Autoridade Portuaria para abordar as persistentes problemáticas de Punta Langosteira
Diante das periódicas disputas de carácter político xurdidas pola falta de garantías no financiamento do Porto Exterior da Coruña e os constantes cruces de acusacións entre a Autoridade Portuaria e o ente público Puertos del Estado (Ministerio de Fomento), a CIG e o Comité de empresa da UTE Langosteira esixen un entendemento entre todas as partes implicadas para acadar unha solución definitiva de xeito que se garantan os orzamentos necesarios para a conclusión dos traballos e a continuidade dos empregos.
23/6/2011 A central obtén 9 representantes dos/as 13 que conformarán o Comité de empresa
A CIG-Saúde revalidou a súa presenza no Comité de empresa do Hospital Santa Teresa da Coruña ao obter 9 dos/as 13 delegados/as que se elixían nas eleccións celebradas o mércores 22 de xuño. Con este resultado, a CIG-Saúde consolida a maioría absoluta e mantense como primeira forza sindical neste centro.
21/6/2011 O responsábel político comprométese a revisar a documentación que posúe o persoal para esclarecer a carga de traballo real do grupo Isolux
O Comité de Emesa mantivo esta mañá unha xuntanza co Delegado do Goberno na Galiza, Miguel Cortizo para trasladar a problemática laboral na que está inmersa o cadro de persoal da factoría de Coirós, que arrastra tres EREs consecutivos. A representación dos traballadores/as demandou, ao igual que xa fixo coa Xunta en reiteradas ocasións, a implicación real do Goberno español neste conflito para garantir a continuidade de Emesa e o mantemento dos empregos.
9/6/2011 O persoal solicita á Administración galega que requira á Isolux Corán a presentación dun plan de viabilidade e informe sobre a carga de traballo que ten o grupo
Traballadores de Elaborados Metálicos Emesa, pertencente ao grupo Isolux Corsán, concentráronse na mañá deste xoves diante da Xefatura Territorial da Consellaría de Traballo e Benestar da Coruña para demandar a implicación da Xunta na loita polo futuro da factoría de Coirós, xusto no momento que se cumpren tres meses de aplicación do terceiro expediente de regulación e ante a ausencia de manobras por parte da dirección na procura de carga de traballo.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com