5/7/2011
Unha delegación da plataforma cidadá entregaralle un extenso relatorio sobre a situación actual dos dereitos da comunidade lingüística galega
Unha
delegación da Mesa e da Plataforma Cidadá Queremos Galego reunirase
este mércores en Madrid cos representantes do Comité de Expertos do
Consello de Europa encargado de avaliar o grao de aplicación da
Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM), tratado
internacional de obrigado cumprimento ratificado polo Estado español
en 2001.
9/8/2010
O tribunal estuda agora se paraliza ou non para o vindeiro curso a normativa sobre plurilingüismo aprobada polo Executivo que preside Alberto Núñez Feijóo
O Tribunal Superior de Xustiza de
Galiza (TSXG) admitiu a trámite o recurso presentado pola Mesa pola
Normalización Lingüística contra o chamado decreto do
plurilingüismo aprobado recentemente polo Goberno que preside Alberto Núñez
Feijóo e que regula o uso do noso idioma no ensino. O tribunal estuda agora paralizar a entrada en vigor o curso
que vén da nova normativa sobre o galego, o que atrasaría os plans da
Xunta.
3/7/2009
Os empregados denunciaran que padecían "acoso laboral" por defender o uso do galego no seu traballo
Os tres traballadores da Capitanía Marítima de Burela que o pasado mes de maio denunciaran publicamente a situación de “acoso laboral” e “discriminación” que padecían por, entroutros, reclamaren “o seu dereito ao uso do galego no exercicio das súas funcións”, fixeron público na mañá do 3 de xuño un informe emitido pola Avogacía do Estado que “respalda xuridicamente” as súas demandas e demostra que estas “entran no marco da legalidade vixente”.
9/12/2008
O programa para a aprendizaxe do galego é a actividade central dun proxecto entre Galiza, Frisia, Francia e Grecia
O programa de
Voluntariado de Activación Lingüística (VAL), impulsado pola Mesa pola
Normalización Lingüística e que desde o comezo contou coa colaboración da Dirección
Xeral de Xuventude e Solidariedade, acaba de recibir un forte impulso por parte
da Unión Europea. Recoñecido agora como un referente a nivel continental, o
voluntariado da lingua galega é a actividade central do proxecto denominado Volangteer-Learning Regional Lenguages through Volunteers, que se
desenvolverá até 2010, no cal colaboran tamén representantes de Frisia, Francia
e Grecia e que conta cunha axuda de 400.000 euros por parte da Unión Europea.
1/12/2008
Un órgano interministerial tomará como referente as queixas achegadas polo colectivo para adoptar medidas correctoras
O Consello das Linguas Oficiais na Administración
Xeral do Estado, un órgano interministerial creado en 2007, vai utilizar os
expedientes de queixa que lle remitiu A Mesa pola Normalización Lingüística
para avaliar o grao de aplicación en Galiza da normativa vixente en materia
idiomática. O presidente deste colectivo cidadán, Carlos Callón, amosa a súa
“satisfacción pola predisposición positiva manifestada polo Goberno español” e
agarda que se “adopten con dilixencia as medidas correctoras, posto que a
Administración do Estado non pode continuar a actuar como se a lingua galega
non existise”.
26/11/2008
A Mocidade pola Normalización Lingüística sinalou que o paro foi seguido maioritariamente a pesar de “coaccións puntuais”
Máis dun 75% por cento do alumnado de segundo ciclo da ESO, ciclos
formativos e Bacharelato secundou o paro estudantil convocado o 26 de novemebro
pola Mocidade pola Normalización Lingüística e apoiado por Galiza Nova e
Comités baixo o lema “Paremos as agresións contra o galego”. Por etapas, o
seguimento foi maior no bacharelato e FP, en practicamente todos os casos
superando o oitenta por cento do alumnado.
25/11/2008
Demandan que se respecto o dereito a recibir unha educación de calidade en lingua galega
A Mocidade pola Normalización Lingüística,
Galiza Nova e Comités fixeron un chamamento ao Valedor do Pobo, Benigno López,
para que actúe ante o flagrante incumprimento do decreto 124/2007, polo que se
regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo. O responsábel nacional da Mocidade pola
Normalización, Fran Rei, recordoulle a Benigno López que “o Valedor está para velar polo
cumprimento das leis que xa existen e non para dar abeiro a hipotéticas
reclamacións dos que non queren que se cumpran”.