8/2/2010
Atópase nun vello edificio cunha estrutura inadecuada e con sistemas de seguridade de “dubidosa efectividade”
A CIG-Saúde de Lugo vén de solicitar á administración sanitaria que acometa unha reforma urxente do centro de saúde da Milagrosa, xa que as deficientes condicións nas que se atopa o edificio dificultan o traballo dos profesionais e diminúen a calidade asistencial. A reclamación chega logo da última incidencia no centro, ao avariarse o ascensor durante días impedindo aos usuarios/as con dificultades de mobilidade achegarse até a consulta dos/as facultativos.