Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
absorción
6/5/2012 As Seccións Sindicais da CIG en ambas entidades defenden o mantemento dos empregos na Galiza
Traballadores e traballadoras dos Bancos Pastor e Popular realizaron unha nova concentración o venres 4 de maio na Coruña para demandar das direccións de ambas entidades información sobre os custes laborais do proceso de absorción, esixir a negociación colectiva das condicións de traballo e defender a continuidade dos empregos en Galiza. A mobilización, convocada polas Seccións Sindicais da CIG no Pastor e no Popular, repetirase novamente o martes e xoves da semana próxima.
24/4/2012 O persoal descoñece, tras seis meses do inicio do proceso de absorción, cal vai ser o seu futuro laboral e que condicións de traballo terá
Delegados e delegadas da CIG no Banco Pastor e o Banco Popular iniciaron este martes un novo calendario de concentracións para denunciar o escurantismo co que as cúpulas de ambas entidades están a levar a cabo o proceso de absorción; xa que logo de seis meses do anuncio da medida, o persoal descoñece cal vai ser o seu futuro laboral, en que condicións realizará o seu traballo ou mesmo se se van producir despedimentos e en que contía.
23/4/2012 As seccións sindicais de ambas entidades van realizar concentracións os días 24 e 26 de abril, que repetirán o 2 e 4 de maio
As Seccións Sindicais da CIG no Banco Pastor e o Banco Popular teñen convocada unha concentración de delegados/as para mañá, martes 24 de abril, de 11:00 a 11:30 horas, diante da sede do Banco Pastor (Cantón Pequeno, 1) e a Xefatura Territorial do Popular, para esixir a apertura dunha mesa de negociación coa representación social, información a respecto do futuro laboral dos traballadores/as de ambas entidades, e o mantemento dos postos de traballo en Galiza.
1/2/2012 Demostrouse que estaba orientada ao desmantelamento da entidade, tal e como a central sindical denunciou desde o primeiro momento
O 13 de marzo do 2011 mentres o nacionalismo sindical e político se manifestaba conxuntamente en Santiago para defender a existencia dunha Caixa de Aforros Pública e Galega, o Presidente da Xunta de Galicia puña en marcha a operación “Castellano”. Situaba ao fronte a José María Castellano nunha operación destinada a pilotar o proceso de privatización e venda da entidade. Hoxe cando o Partido Popular prepara un novo proceso de concentración e centralización do poder financeiro, e polo tanto económico e político, a operación auspiciada por Alberte Nuñez Feijoo demostrou estar orientada ao desmantelamento da Entidade, tal e como denunciamos dende o primeiro momento.
25/1/2012 A Sección Sindical da CIG rexeita a liquidación “a prezo de saldo” do persoal e demanda garantías do mantemento dos postos en Galiza
Delegados e delegadas da CIG no Banco Pastor realizaron esta mércores unha concentración na oficina principal da Coruña para denunciar os custes laborais que está tendo o proceso de absorción do Banco Pastor polo Banco Popular. Dende a Sección Sindical criticouse a “liquidación a prezos de saldo” que o Banco Pastor está a facer do seu cadro de persoal e demandáronse solucións que garantan o mantemento dos empregos en Galiza tanto no banco como nas empresas do seu Grupo.
17/1/2012 Os representantes do Banco Pastor informaron que a entidade ofrecerá prexubilacións aos seus traballadores/as
Na mañá deste mércores comezaron en Madrid as reunións entre as organizacións sindicais e os representantes do Banco Pastor e o Banco Popular de cara a abordar as consecuencias laborais do proceso de absorción. Dende a CIG reivindicouse a necesidade de negociar un protocolo que garanta o emprego, así como un plan de prexubilacións para afrontar do xeito menos traumático os posíbeis axustes de persoal.
17/11/2011 A central amosou a súa preocupación polos 633 empregados/as dos servizos centrais do Pastor na reunión celebrada hoxe en Madrid cos responsábeis de recursos humanos das dúas entidades
A CIG reclámalle á dirección do Banco Popular que convoque aos sindicatos a unha xuntanza para abordar as consecuencias laborais do proceso de absorción do Banco Pastor. A central nacionalista critica que a reunión celebrada hoxe en Madrid cos responsábeis de recursos humanos das dúas entidades só servise para intercambiar información xa que foi concibida como un “foro de comunicación” e carecía da potestade de tomar decisións. Diante disto, solicitan a convocatoria dunha nova cita onde se comece a negociar o protocolo de absorción.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com