Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
Administración
30/4/2012 O Goberno local contempla un ERE extintivo que afectaría a un mínimo de 25 traballadores/as
A CIG de Ourense vén de presentar unha proposta alternativa co obxectivo de reconducir o plan de axuste económico do Concello de Xinzo de Limia. Os plans municipais contemplan, entre outras medidas, a redución de medio millón de euros en gastos de persoal mediante un ERE extintivo que afectaría a 25 traballadores/as. A central nacionalista, que xa denunciara que o Goberno local pretende aplicarlle os recortes unicamente ao persoal laboral, achega agora unha proposta que permitiría non ter que reducir esta cantidade en gastos de persoal e evitaría os despedimentos, aliviaría a presión fiscal sobre os veciños/as e produciría un superavit de 2 millóns de euros en 10 anos. [CONSULTA O DOCUMENTO AO FINAL DA NOTICIA].
19/4/2012 A central nacionalista reclama que “os esforzos que haxa que facer sexan xustos e equilibrados”
A CIG de Ourense denuncia que o plan de axuste económico elaborado polo Concello de Xinzo de Limia contempla unha redución salarial só para o persoal laboral, polo que a central nacionalista reclamará que “os esforzos que haxa que facer sexan conxuntos”. Diante disto, aceptarían unha pequena baixada dos salarios sempre e cando afecte ao conxunto do cadro de persoal municipal.
20/12/2011 A central nacionalista alertara hai un mes de varios casos de sarna e agora xa se contabilizan máis de 40
Dende a CIG-Administración critican a desidia da xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Ourense no que respecta á atención dos centros de maiores. A central nacionalista denunciara o pasado día 7 de novembro que na Residencia do Maior Nosa Señora dos Milagres había varios casos de sarna entre os residentes e os/as empregados/as. “A día de hoxe, e por culpa da deixadez tanto da dirección do centro coma do xefe territorial do departamento autonómico, José Selas, os casos elévanse a máis de 40, dos que máis de 20 son traballadores/as do centro”, censuran. Diante disto, reclaman o cese inmediato do director do centro e do responsábel autonómico.
23/9/2010 Reclama que se declare o dereito dos traballadores/as a seguir percibindo os mesmos salarios que antes de aplicarse a medida
Os secretarios comarcais das federacións de Banca, Administración, Metal, FGAMT e Servizos compareceron hoxe para anunciar a presentación de demandas de conflito colectivo -que se intentará, cando sexa posíbel, facelo coas outras organizacións sindicais- contra as empresas públicas nas que se está a aplicar de forma ilegal o Real Decreto Lei 8/2010 de medidas para reducir o déficit público.
5/2/2010 A CIG-Administración reclama un incremento salarial igual á media da suba dos convenios colectivos e non o ínfimo 0.3% pactado polo Goberno e os sindicatos estatais
Os traballadores/as e traballadoras das Administración Públicas ficaron sorprendidos ao recibir a nómina do mes de xaneiro, xa que todo o persoal cobrou entre 10 e 30 euros menos que nunha mensualidade habitual. A escasa suba salarial pactada e decretada polo Goberno do Estado, coa conivencia dos sindicatos estatais, e a eliminación da rebaixa dos 400 euros na retención do IRPF, teñen provocado unha importante perda do poder adquisitivo dos traballadores e traballadoras das administracións públicas.
30/10/2009 Demandan a cración dun servizo público galego de prevención, extinción de incendios e salvamento
Ás 11 da mañá congregábanse, ás portas do Parlamento de Galiza, traballadoras e traballadores dos servizos de emerxencia para participar na manifestación en demanda da creación dun servizo público galego de prevención, extinción de incendios e salvamento e contra a súa privatización. A marcha non pasou desapercibida polas rúas de Compostela e os petardos e os botes de fume foron os protagonistas. A manifestación rematou en San Caetano coa lectura do manifesto conxunto asinado pola CIG, CCOO e UGT.
16/12/2008 CIG-Autonómica rexeita a proposta de modificación de relación de postos de traballo nos servizos de limpeza e mantemento
Na que, probablemente, será a derradeira Mesa Xeral de Empregados Públicos o vindeiro 18 de decembro, a Consellaría da Presidencia na súa proposta de modificación de relación de postos de traballo remitida ás centrais sindicais con representación na mesma, presentará a amortización de 83 postos de traballo, 55 deles con traballadores/as en activo que pasarán a engordar as listas de desemprego deste País.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com