15/11/2011
Un grupo de afectadas concentráronse esta mañá fronte á delegación do Goberno galego en Vigo para pedir unha solución ao conflito laboral
Un
grupo de traballadoras/es de Alfageme concentráronse esta mañá
diante da delegación da Xunta de Galiza en Vigo para reclamarlle ao
Goberno galego que libere os avais concedidos no seu día á
conserveira co obxectivo de que se poida liquidar o proceso concursal
e proceder á venta da empresa. Dende a FGAMT-CIG lembraron que unha
sentenza recente recoñece que a familia propietaria pretende dilatar
o procedemento e anuncian que seguirán coas mobilizacións até que
exista un compromiso firme por parte dos responsábeis autonómicos.
7/6/2011
Xosé Fernández Piñeiro estaba acusado por empregados/as da conserveira de insultos, ameazas, coaccións e agresións
O secretario nacional da FGAMT-CIG, Xosé
Fernández Piñeiro, saíu absolto do xuízo de faltas
celebrado hoxe no Xulgado de Instrución número 8 de Vigo despois de
que os denunciantes decidisen retirar as acusacións de insultos,
coaccións e ameazas que supostamente se produciran no mes de abril
de 2010 cando os propietarios de Alfageme pretendían retirar uns
pagarés das instalacións da empresa e trasladalos á oficina da
inmobiliaria Promalar. Dous vixilantes de seguridade e unha
secretaria renunciaron a manter os cargos ao non comparecer o ex xerente da conserveira, de igual
xeito que as dúas traballadoras que denunciaran á secretaria por
agresión.
3/6/2011
Xosé Fernández Piñeiro está acusado de insultos, ameazas, coaccións e agresións polos propietarios da conserveira
A CIG ten convocada unha concentración
solidaria o vindeiro martes día 7 diante dos xulgados de Vigo a
partir das 11.30 horas, coincidindo coa comparecencia do secretario
nacional da FGAMT. Xosé Fernández Piñeiro foi acusado polos donos
de Alfageme de insultos, ameazas, coaccións e agresións durante un
conflito producido no mes de abril de 2010 na conserveira cando os
propietarios pretendían retirar uns pagarés das instalacións da
empresa e trasladalos á oficina da inmobiliaria Promalar mentres os empregados/as seguían sen cobrar.
22/3/2011
Piden a dimisión do conselleiro de Industria e do director do Igape, que non deu detalles das ofertas de compra na reunión de onte
As
traballadoras e traballadores da conserveira Alfageme dos centros de
Vilaxoán, O Grove, Ribadumia e Vigo realizaron hoxe unha
concentración diante da delegación da Consellería de Industria e
do Igape na cidade olívica para denunciar a falta de información e
a “nula implicación” da Xunta de Galiza no conflito laboral
iniciado pola entrada da compañía na lei concursal. Representantes
da CIG e do comité de empresa reclamaron a dimisión do conselleiro
Javier Guerra e do presidente do Igape despois de que non lles
trasladase os detalles das ofertas de compra existentes durante a
xuntanza que tivo lugar onte.
21/3/2011
Dende a CIG e o ex comité de empresa reclaman a dimisión do conselleiro e do presidente do Igape pola súa “nula xestión”
As
traballadoras e traballadores da conserveira Alfageme dos centros de
Vilaxoán, O Grove, Ribadumia e Vigo realizarán mañá unha
concentración diante da delegación da Consellería de Industria e o
Igape na cidade olívica para denunciar a falta de información e a
“nula implicación” da Xunta de Galiza no conflito laboral
iniciado pola entrada da compañía na lei concursal. Representantes
da CIG e do comité de empresa compareceron hoxe publicamente para
reclamar a dimisión do conselleiro Javier Guerra e do presidente do
Igape.
14/12/2010
A denuncia cifra nuns 12 millóns de euros as axudas públicas que foron desviadas pola conserveira para a inmobiliaria
A administración
concursal de Alfageme presentou unha demanda contra a inmobiliaria
Promalar, tamén propiedade da familia Lago, por presunto
financiamento irregular ao ter desviado preto de 12 millóns de euros
en axudas concedidos á conserveira. A denuncia, que foi admitida a
trámite, esixe o reingreso dos cartos na empresa, o que permitiría
facer fronte ás indemnizacións pendentes coas traballadoras/es.
2/9/2010
Dende a CIG adiantan que investigarán as contas da conserveira para determinar se existen irregularidades constitutivas de delito
O informe económico
elaborado pola administración concursal de Alfageme vén confirmar
as sospeitas da CIG no que respecta á responsabilidade da dirección
na situación que atravesa a conserveira, inmersa nun Expediente de
Regulación de Emprego e sen ter abonado parte dos salarios nin as
indemnizacións aos traballadores/as despedidos. Dende a central
nacionalista adiantaron que barallan tamén extender a investigación
“con carácter retroactivo” ás contas da empresa para determinar
se existiron irregularidades tipificadas como delito.