5/10/2011
Terá lugar o venres día 7 de outubro ás 20:30 horas, con saída da Casa do Mar en Vilagarcía
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do
Salnés, na que está integrada a CIG, vén de convocar unha manifestación para o
vindeiro venres día 7 de outubro, ás 20:30 horas, en Vilagarcía, baixo o lema “O
Salnés: Área Sanitaria propia. Non ao desmantelamento do Hospital”.
14/6/2011
CIG-Saúde censura a “enxeñería de xestión” da dirección para conseguir que a redución da calidade asistencial non afecte ás listas de espera
A pesares do recente traslado ao novo hospital Lucus Augusti, a área sanitaria de Lugo tamén vai sufrir este ano o peche de camas durante os meses do verán. A CIG-Saúde de Lugo remarcou a estudada “enxeñería de xestión” practicada pola dirección do centro para aparentar que esta decisión non terá efectos na calidade asistencial.
18/4/2011
Destaca a importancia deste proceso nun momento de grave recorte de dereitos laborais e ataques á sanidade pública
A CIG-Saúde da Coruña deu a coñecer esta mañá en rolda de prensa a candidatura e o programa que vai presentar ás eleccións sindicais na área sanitaria, que se celebrarán o vindeiro 5 de maio. Eleccións que, lembraron, se realizan nun momento de grave recesión dos dereitos da clase traballadora e diante da progresiva aplicación de políticas de privatización da sanidade pública, que merman a capacidade asistencial e ameazan a viabilidade e supervivencia do sistema sanitario.
15/3/2011
A CIG-Saúde lembra que este acto é ineludíbel para que os/as opositores que aprobaron o último proceso selectivo non perdan a súa praza
CIG-Saúde vén de denunciar unha vez máis as políticas de desmantelamento sanitario que padece a área Sanitaria da Coruña por mor da diminución de cadros de persoal, a contratación precaria en todas as categorías ocultando as vacantes estruturais, peches de Unidades e Servizos, suspensión do Plan Mellora de Atención Primaria, etc.. Agora, ademais vén de iniciarse “unha ofensiva contra os dereitos dos profesionais sanitarios” coa denegación de permisos de libre disposición, formación, deber inescusábel ou enfermidade moi grave.
9/7/2010
Enmarcado no calendario de mobilizacións da Xunta de Persoal da área sanitaria de Ferrol
Traballadores e traballadoras da área sanitaria de Ferrol continuaron esta mañá co calendario de mobilizacións acordado pola Xunta de Persoal para reivindicar os dereitos dos traballadores/as. Desta volta, desenvolveuse unha concentración á entrada do Hospital Arquitecto Marcide na que se denunciaron as penosas condicións que están a padecer os empregados/as do servizo de lavandería deste centro.
28/6/2010
A Plataforma rexeita o novo modelo de organización do sistema sanitario que pretende implantar a Xunta
Miles de persoas marcharon polas rúas de Burela o pasado sábado 26 de xuño, nunha nova e exitosa mobilización en defensa da sanidade pública e da autonomía das áreas sanitarias. A pesar da rotunda oposición amosada polo PP á convocatoria e os seus intentos desmobilizadores, unhas 8.000 persoas trasladaron ás rúas o seu rexeitamento á política sanitaria do goberno da Xunta, baseada nas privatizacións, desmantelamento de servizos e a supresión da capacidade de xestión das áreas periféricas.
24/6/2010
Acusan á dirección de infradotar de recursos humanos e materiais os servizos da comarca e incumprir os acordos asinados
A Xunta de Persoal da área sanitaria de Ferrol compareceu en rolda de prensa este mércores para realizar un balance do primeiro ano de xestión de Luis Verde á fronte da Dirección. Dende a representación dos traballadores/as denunciouse a paralización da dotación orzamentaria para a área, o peche de camas, a falta de medios materias nos hospitais, as precarias condicións laborais que padece o persoal, a redución da cobertura das ausencias ou o incremento das listas de agardas. Cuestións todas que están a ocasionar un grave deterioro da cualidade asistencial para a poboación de Ferrolterra.