Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
As Pontes
18/10/2011 A representación do persoal desminte as afirmacións do Conselleiro de Industria nas que asegurou que a Xunta outorgaría 8 millóns de euros á empresa
Os Comités das instalacións que o Grupo Einsa ten en Pontedeume e As Pontes iniciarán o xoves 20 de outubro as negociacións co mediador da Inspección de Traballo, Benigno Moure, de cara a buscar puntos de encontro entre traballadores/as e dirección para o ERE suspensivo, co que se pretenden evitar 40 novos despedimentos. Así, tras o fracaso do plano de negociación, agora os encontros co mediador realizaranse por separado entre empresa e Comités.
15/2/2011 Os traballadores/as denuncian a falta de vontade negociadora da empresa para buscar unha alternativa á redución de persoal
O persoal de Einsa nas factorías de Andrade (Pontedeume) e As Pontes está desenvolvendo dende ás 07:00 horas deste martes unha folga de 24 horas, en defensa dos empregos e a prol da continuidade da actividade nos dous centros de traballo da empresa de artes gráficas. O paro, que está a resultar un éxito ao rexistrar un 100% de seguimento, foi convocado logo de que a dirección executase os despedimentos e diante da continuada negativa a estudar calquera das alternativas propostas polos Comités.
11/2/2011 A compañía, que está en concurso de acredores, acumula atrasos no pago das mensualidades do persoal que superan os dous millóns de euros
Uns 200 traballadores e traballadoras do grupo Cuíña realizaron unha manifestación o xoves 10 de febreiro dende a sede da empresa nas Pontes até a Praza Roxa para esixir o cobro dos atrasos salariais. A compañía, integrada por cinco empresas, está en concurso de acredores e ten contraído débedas cos seus traballadores que superan os dous millóns de euros.
7/2/2011 A empresa pretende sanear as súas contas reducindo traballadores/as e conxelando os salarios durante os próximos anos
Os traballadores e as traballadoras de Einsa en Andrade e As Pontes, que esta fin de semana realizaron un peche no Concello de Pontedeume, continuarán adiante coas mobilizacións na defensa dos empregos e das condicións laborais, diante da negativa da dirección a aceptar ningunha das propostas presentadas polos Comités e que evitarían os despedimentos e as rebaixas salariais que pretende a dirección.
1/12/2010 A central desenvolveu unha concentración de delegados/as para reclamar a modificación da norma
A CIG desenvolveu esta mañá unha concentración de delegados e delegadas para “lembrar” que o Decreto do Carbón é un problema que continúa pesando sobre o futuro da produción enerxética galega, a pesar de que nestes intres estea paralizada a súa aplicación por orde xudicial. A central sindical continúa así as mobilizacións contra este novo veto político a Galiza, iniciadas xa o pasado mes de xullo.
24/11/2010 Os traballadores/as teñen pendente de cobro media mensualidade de setembro e o salario de outubro
Traballadores e traballadoras do grupo San Martín desenvolveron unha concentración na tarde do martes diante do Concello de As Pontes para denunciar a situación na que se atopa a empresa e demandar carga de traballo que garanta a continuidade dos empregos. Ademais, o persoal tamén reclamou que a compañía abone os atrasos salariais que ten pendente de pago.
29/10/2010 A central rexeita a composición da Comisión de seguimento dos efectos da normativa nas centrais galegas, constituída este venres
A CIG recibiu con cautela a decisión do Tribunal de Xustiza da UE e da Audiencia Nacional de bloquear temporalmente a aplicación do chamado Decreto do Carbón, á espera dos pasos que tome o goberno español a respecto destas medidas. Para a CIG esta noticia vén confirmar que existen indicios máis que suficientes sobre a forma irregular na que a o goberno modifica o sistema eléctrico ao primar o consumo de hulla española. Dende o sindicato nacionalista reclámase a modificación da nova normativa para evitar que só as centrais galegas sexan penalizadas, así como un cambio na composición da Comisión de seguimento dos efectos do decreto nas plantas de Meirama e As Pontes.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com