marco
Artigos de opinión
O guerreiro Obama e o peixe fora d’água
18/03/2010Frei Betto
Obama é uma decepção! Recebeu imerecidamente o Nobel da Paz -um presidente que guerreia o Iraque, o Afeganistão e o Paquistão- e, em discurso...
A Alemanha e a Europa do futuro
18/03/2010Alexandrino Fernandes
O modelo de desenvolvimento que tem feito da Alemanha nestes últimos anos o maior exportador mundial assenta no progressivo empobrecimento da pop...
Crise do capitalismo e protagonismo da periferia
18/03/2010Márcio Pochmann
O sistema capitalista revela em suas crises periódicas momentos determinados de profunda reestruturação. São oportunidades históricas em que ...
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
asemblea de delegados
22/2/2010 Denuncia o acordo que asinaron CCOO, UGT e os empresarios, que deixa sen efecto o convenio en canto á bolsa de emprego
20100218naval
O xoves 18 de febreiro tivo lugar unha asemblea de delegados e delegadas do naval da CIG-Metal de Vigo no que se analizou o acordo asinado polas centrais sindicais UGT e CCOO, e a patronal, que remata coa Axencia da Bolsa de Emprego e que desregula por completo a cuestión da contratación no sector.
10/2/2010 A central rexistrou un escrito dirixido ao presidente Zapatero, logo da asemblea de delegados/as celebrada en A Coruña
10-02-10 Asemblea delegados/as A CoruñaX
O Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, acompañado polo Secretario Comarcal da CIG de A Coruña, Paulo Carril, manifestou ao Delegado do Goberno o total rexeitamento da central sindical á proposta de reforma laboral e da Seguridade Social anunciada polo presidente Zapatero. No breve encontro que os representantes da CIG mantiveron con Antón Louro, tamén amosaron o malestar polo feito de que as propostas do Goberno, en materia laboral e social, se fagan chegar só as organizacións sindicais estatais, excluíndo ás outras dúas centrais que teñen a consideración de máis representativas no Estado español: CIG e ELA. Paralelamente á entrevista, delegados e delegadas da central mantiñan unha concentración diante da sede do organismo estatal.
9/2/2010 Despois dunha asemblea comarcal de delegadas e delegados
A CIG en Ourense inicia a campaña de mobilizacións contra a reforma do sistema público de pensións pola que se pretende retrasar a idade de xubilación e a súa cuantía. Asi, terá lugar o 10 de febreiro unha concentración, despois dunha asemblea de delegadas e delegados desta Unión Comarcal, diante da Subdelegación do Goberno.
4/2/2010 Esta xuntanza analizou a situación das caixas galegas asi como outros conflitos laborais importantes na comarca
20100204asemblea
Desde as dez da mañá no Salón de Actos dos Capuchinos na cidade de Vigo tiña lugar a primeira asemblea de delegados e delegadas da Unión Comarcal da CIG de Vigo do ano 2010. Neste encontro analizouse a situación da comarca no actual contexto da crise, asi como se tratou a problemática da fusión das caixas, a tentativa de privatización do novo hospital de Vigo, as accións da asemblea de parados do naval, o conflito do Alcampo polos despedimentos de todos o persoal da limpeza, e a loita de Alfageme polo mantemento dos seus postos de traballo. Ademais Suso Seixo, secretario xeral da CIG, presentou o Documento Confederal de Alternativas para facer fronte á crise.
24/11/2009 Deronse a coñecer as mobilizacións pola regulación da contratación no naval que haberá esta mesma semana
20091124asemblea metal
O martes 24 de novembro desde as dez e media da mañá tiña lugar a asemblea de delegados e delegadas do Metal da comarca de Vigo para analizar a sinatura do convenio provincial, estudar pormenorizadamente o seu articulado e poñer en común os erros atopados no mesmo, repartiuse o convenio editado pola CIG-Metal e un novo número do Novas do Metal. Ademais deuse a coñecer a posta en marcha dunha asemblea de parados do naval, que comezará con mobilizacións nesta mesma semana, e a convocatoria da manifestación da CIG para o venres 4 de decembro en Compostela pola problemática das posíbeis fusións das caixas.
24/9/2009 Outros temas como as multas ou a contratación no naval tamén foron debatidos
20090924asembleametal
O 24 de setembro desde as dez da mañá tivo lugar no local sindical da CIG de Vigo unha asemblea de delegados e delegadas do Metal despois do verán e para analizar e debater a situación do conflito pola negociación do convenio provincial, entre outros temas máis, como a represión a través das numerosas multas e sancións administrativas, ou o xuízo que se celebrará do 19 ao 21 de outubro pola carga policial no conflito do metal polo convenio do 2006.