8/2/2012
Quere frear o proceso de privatizacións e recortes emprendidos polo goberno do PP
A
Plataforma SOS Sanidade Pública vén de anunciar o inicio da recollida de
sinaturas para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular no Parlamento de
Galiza e frear a política de “recortes e privatizacións” do PP. A Plataforma,
que terá que xuntar un mínimo de 15.000 sinaturas, quere preservar a xestión pública
directa dos centros sanitarios, potenciar a Atención Primaria, a promoción da
saúde como alternativa á crise e as áreas sanitarias como espazo para a
planificación e a xestión dos recursos.
11/11/2011
A representación do persoal ten convocada unha concentración o 17 de novembro en demanda dun aumento das contratacións para garantir a calidade dos servizos
O Comité de Centros da Xerencia de Atención Primaria de Lugo ten convocada unha concentración para o vindeiro 17 de novembro en rexeitamento á política de contratacións realizada pola dirección e que denuncia está “caracterizado pola diminución drástica das substitucións dos profesionais” e a “violentación da normativa aplicábel en materia de substitucións”.
3/11/2011
A federación de Saúde de Compostela propón que sexa a Comisión de Centro a que fixe uns criterios nos que prevaleza a publicidade e o mérito
A
federación de Saúde da CIG de Compostela amosou o seu rexeitamento
ao proceso de mobilidade interna do persoal de atención primaria
mediante comisións de servizo ao entender que permite cubrir as
vacantes só en función da antigüidade sen que prevalezan criterios
como a publicidade e o mérito. A central nacionalista considera que
isto favorece o “amiguismo” e reclama que sexan a Comisión de
Centro e o Servizo de Medicina Preventiva os que fixen os requisitos
para a obtención dos postos e que non se faga “por potestade
administrativa mediante comisións de servizo”.
29/4/2011
Se se retrasa a convocatoria da Comisión de Seguimento dos Acordos de Primaria ou o Sergas non modifica a súa posición, convocará mobilizacións
O persoal
facultativo de Atención Primaria cobra un Complemento de Produtividade Variable
(CPV), en función do cumprimento duns obxectivos pactados coa xerencia de cada
centro. Na xuntanza mantida o pasado martes 27 de abril coa Dirección de
Recursos Humanos do SERGAS, CIG-Saúde insistiu na necesidade de revisar eses
criterios de avaliación dos chamados ‘Acordos de Xestión’ para que se fixen uns
criterios obxectivos e unificados para todos os centros. O resultado desta
demanda foi o acordo de convocar a Comisión de Seguimento dos Acordos de Primaria
para tratar este e outros asuntos, como substitucións, PAC.
31/3/2011
A Federación demanda tamén a cobertura das ausencias do persoal nas unidades e servizos
A CIG-Saúde rexeitou as irregularidades que a Xerencia de Atención Primaria de Lugo está a cometer no proceso de traslado do persoal. A Federación, xunto a outras organizacións sindicais, informaron da recolocación “exprés” dun traballador fóra dos procedementos consensuados, xunto no momento de iniciarse os prazos de incorporación dos traslados da categoría de celador (convocados en xullo de 2010).
23/3/2011
Denuncia a modificación por parte das Xerencias e o Sergas dos sistemas de substitucións dos/as profesionais ausentes
A comisión de centro da área sanitaria de Compostela vén de alertar do incremento das listas de espera nas consultas de Atención Primaria, ocasionado pola modificación dos sistemas de substitución das ausencias dos e das profesionais da saúde. Segundo denuncia a Comisión, as Xerencias están pechando as axendas de citación dos/as profesionais ausentes sen recorrer aos instrumentos normativos para solucionar a falta de persoal “e sen importarlles o efecto que isto causa no servizo que se presta á cidadanía”.
11/3/2011
A Consellaría pretende sacar só as vacantes de máis difícil cobertura
A CIG-Saúde desenvolveu este venres concentracións nas distintas Xerencias de Atención Primaria para esixir á Consellaría de Sanidade que oferte o 100% das prazas vacantes en medicina de familia para o persoal que superou o proceso selectivo, xa que a administración pretende ofrecer só aqueles postos de máis difícil cobertura.