Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
Atento
2/5/2012 A medida supón un recorte de até cinco horas semanais e unha baixada salarial duns 100 euros mensuais
O Comité de Atento A Coruña acaba de informar da interposición de demanda de conflito colectivo contra a empresa para reclamar a nulidade das reducións de xornada impostas a preto de 180 traballadores/as que xa tiñan xornadas parciais. A decisión do Comité veu motivada pola negativa da empresa a chegar a un acordo durante o acto de conciliación que tivo lugar este mércores.
3/4/2012 O persoal continuou este martes co calendario de mobilizacións contra a decisión empresarial
O persoal da plataforma de Atento na Coruña continuou este martes coas mobilizacións en protesta polas reducións de xornada que a empresa do telemárketing comunicou a 180 traballadores/as. Esta modificación substancial das condicións de traballo, que a dirección aplica grazas as facilidades introducidas pola reforma laboral do PP, terán efecto, na maioría dos casos, a partir deste día 3 de abril.
27/3/2012 O persoal realizou este luns dúas concentracións ás portas das instalacións da empresa
Os traballadores e traballadoras de Atento continuaron este luns coas mobilizacións en contra das reducións de xornada para o persoal do servizo CAT- ADSL, que actualmente xa ten contratos a tempo parcial. Os traballadores/as secundaron dúas concentracións, por quenda de traballo, entre ás 11 e ás 12 da mañá e pola tarde das 19 ás 20 horas.
23/3/2012 A dirección aproveita as facilidades introducidas pola reforma laboral do PP para modificar as condicións substanciais de 180 empregados/as
Os traballadores e traballadoras de Atento están secundando este venres paros de unha hora e concentracións nas distintas quendas de traballo en rexeitamento ás intencións da empresa de reducir a xornada laboral –e o salario- do persoal do Servizo CAT- ADSL, que actualmente xa ten contratos a tempo parcial.
1/6/2011 A patronal ten paralizadas as negociacións dende hai quince meses, mentres que os salarios dos/as traballadores/as continúan conxelados
Traballadores e traballadoras do telemárketing da Coruña concentráronse está mañá diante das principais empresas do sector para demandar a negociación dun convenio colectivo digno e con dereitos, que en Galiza dá emprego a unhas 8.000 persoas. As mobilizacións, convocadas pola Federación de Banca da CIG, terán continuidade o vindeiro 8 de xuño na cidade de Vigo.
3/5/2011 A empresa comunicou que procederá a gravar as conversas das/os teleoperadoras/s cos clientes e que poderá ceder os rexistros, mais sen solicitar o seu consentimento expreso tal e como ordena a lei vixente
A sección sindical da CIG en Atento A Coruña vén de remitir denuncia á Axencia española de Protección de Datos (AEPD) para que investigue a decisión da empresa de proceder a gravar as conversas dos/as traballadores/as cos/as usuarios/as do servizos e ceder datos identificativos do persoal para o control de calidade, sen especificar nin que datos se rexistrarán nin a que tipo de clientes se vai permitir o acceso aos mesmos.
11/3/2009 Os delegados e delegadas de Cedonosa, Ingemarga e Ferroatlántica recibiron un recoñecemento especial pola súa loita
Os traballadores e as traballadoras de ATENTO foron os galardoados na III edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega, co que a CIG quere recoñecer a loita levada a cabo polo persoal desta empresa durante o ano pasado. O premio tamén pretende ser unha homenaxe a todos os/as traballadores/as do telemárketing, un sector especialmente precarizado e vítima constante dos procesos de deslocalización. Así mesmo, fíxose unha especial mención a labor desenvolta polas seccións sindicais de Cedonosa, Ingemarga e Ferroatlántica.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com