Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Autobuses de Calo
3/1/2012 A CIG recorrerá a todas as instancias laborais, legais e políticas para que se poña fin ao acoso que sofre a traballadora
Esta mañá celebrábase nos xulgados de Fontiñas, en Compostela, o xuízo rápido pola agresión que a traballadora de Autobuses de Calo, Nélida Pisco, sufriu na nave da empresa por parte do encargado. O xuízo foi finalmente aprazado até o 29 de marzo, a solicitude do avogado da CIG, para que se poidan presentar os informes médicos pertinentes sobre o estado físico de Pisco. Transcorrido tan pouco tempo desde a agresión, aínda non están todos os resultados das probas realizadas, algunhas esta mesma mañá.
2/1/2012 Convoca unha concentración diante dos xulgados de Fontiñas, este martes 3 de xaneiro, ás 10:30 horas
O pasado mércores 28 de decembro, o encargado de Autobuses de Calo agredía fisicamente a Nélida Pisco na nave da empresa. A traballadora tivo que ser atendida no centro de saúde, onde se levantou o preceptivo parte de lesións. Mañá martes, día 3 de xaneiro, terá lugar, nos xulgados de Fontiñas, un xuízo rápido pola vía penal. A CIG convoca ás 10:30 horas, unha concentración en repulsa a esta agresión machista diante dos propios xulgados.
31/5/2011 A empresa tamén terá que indemnizar as traballadoras ás coidadores dos autobuses escolares despedidas ao remate do pasado curso
A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de desestimar o recurso presentado por Hedegasa e de declarar o dereito de Nélida Pisco “a percibir en concepto de dano moral a cantidade de 6.251 euros”. Con esta sentenza o TSXG vén corroborar as denuncias que a CIG viña dous anos facendo contra a empresa. “Demóstrase así que a actitude da empresa non tiña xustificación algunha e que o único que pretendía era presionar á traballadora para que abandonase o seu posto de traballo voluntariamente”, afirma o representante da FGAMT-CIG de Compostela, Inácio Pavón.
7/2/2011 A traballadora fora despedida por Hedegasa por pedir unha redución de xornada para atender a súa filla
Nélida Pisco, que fora despedida de Hedegasa (Autobuses de Calo) e que posteriormente gañara no xulgado o dereito a ser readmitida, logo de declararse nulo o seu despedimento, cumpriu o pasado xoves un mes traballando de novo. A pesar de que polo momento a situación non é ideal ao non existir unha relación formalizada coa empresa e que quedan asuntos que aclarar sobre como debe realizar a súa ruta, desde a CIG valórase como moi positiva a súa reincorporación logo de máis de dous anos de loita polos seus dereitos e de case un ano de ser despedida.
26/11/2010 Convocará unha concentración o 2 de decembro coincidindo co seu regreso ao posto de traballo como condutora de autobuses
A CIG entregou esta mañá no Rexistro da Consellaría de Traballo e Benestar, un escrito solicitando unha entrevista coa conselleira, Beatriz Mato, e dirixiuse ao Consello Galego de Relacións Laborais e ao Servizo Galego de Igualdade para tratar da situación na que se atopa a condutora de Hedegasa (Autobuses de Calo), Nélida Pisco. Dadas as circunstancias que rodean este claro caso de acoso, de discriminación por razón de xénero e de flagrante incumprimento da lexislación en materia de Igualdade a central sindical entende que soborda o ámbito estritamente comarcal. Por iso foron a secretaria confederal de Muller, Margarida Corral e o propio secretario xeral, Suso Seixo, quen presentaron a solicitude no rexistro, en demanda da intervención da administración.
3/11/2010 A central sindical fai un chamamento á empresa a normalizar a súa situación laboral e evitar un conflito que enfronte máis aínda as posicións
O pasado mes de agosto o xulgado declaraba nulo o despedimento de Nélida Pisco Suárez, que non puido reincorporarse até que recibiu a alta médica o venres 30 de outubro. Ese mesmo día a traballadora foi entregar o parte á empresa e representantes da CIG que a acompañaban solicitaron unha reunión para desactivar definitivamente o conflito e normalizar a situación, facilitando a súa reincorporación efectiva como condutora.  A xuntanza nunca se celebrou e a empresa deu vacacións á traballadora logo de negarse a darlle unha ruta e mesmo a falar con ela.
27/8/2010 O xulgado do Social nº 1 de Santiago declara nulo o seu despedimento
A condutora de HEDEGASA (Autobuses de Clao), Nélida Pisco, que fora despedida logo de solicitar redución de xornada por garda legal, terá que ser readmitida logo de que o xulgado do social nº 1 de Santiago declara nulo o seu despedimento. Para a CIG con esta sentenza queda recoñecido que houbo unha situación de clara discriminación de xénero.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com