Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
automoción
22/3/2012 Un grupo de traballadores/as e parados/as do naval sumouse tamén á protesta e despregaron unha faixa no edificio da autoridade laboral
Arredor dun cento de delegados/as do sector do automóbil da CIG -das federacións do Metal e de Químicas- ocuparon hoxe simbolicamente as oficinas da Inspección de Traballo en Vigo para esixir o cumprimento dos acordos en materia de prevención e saúde laboral. Dende a central nacionalista explican que a autoridade laboral se comprometera a analizar as condicións de traballo nunha serie de empresas que envían á Seguridade Social os traballadores con doenzas derivadas da labor que realizan en lugar de seren atendidos nas mutuas das propias compañías.
3/11/2011 Dende a central nacionalista instan á Administración e á Inspección de Traballo a impedir que se siga a dilapidar diñeiro público na súa aplicación
Arredor de medio cento de delegados e delegadas da CIG en empresas da automoción concentráronse esta mañá diante da sede da Xunta de Galiza en Vigo para rexeitar a autorización masiva de Expedientes de Regulación de Emprego no sector sen que existan razóns obxectivas. Dende a Coordinadora do Automóbil da central nacionalista instan á Administración autonómica e á Inspección de Traballo a velar polos intereses dos traballadores/as e impedir que se sigan a utilizar fondos públicos na aplicación dos EREs.
20/9/2011 Delegados/as da automoción concentráronse no Ceaga en Vigo para esixirlle o cumprimento da normativa en materia de saúde laboral
Máis dun cento de delegados/as da CIG en empresas da automoción participaron hoxe nunha xornada técnica sobre saúde laboral que serviu para iniciar unha campaña contra o non recoñecemento de enfermidades profesionais por parte das mutuas médicas. Ao remate da sesión desprezáronse até a sede do Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), na avenida Citröen de Vigo, para realizar unha concentración coa que esixiron o cumprimento da normativa en materia de saúde laboral nas compañías asociadas.
20/9/2011 Mantiveron unha xuntanza co xefe da autoridade laboral para reclamarlle unha mediación activa no conflito coa compañía de automoción
O cadro de persoal de Treves Pontevedra aproveitou a primeira xornada de folga para realizar unha concentración de protesta diante da Inspección de Traballo en Vigo co obxectivo de reclamar unha mediación activa no conflito laboral coa empresa de automoción. A decisión de convocar un paro que terá continuidade este xoves adoptouse para esixir carga de traballo que permita o mantemento de todos os empregos e para denunciar que a dirección négase a publicar como convenio o acordo laboral acadado tras as mobilizacións de febreiro.
16/9/2011 Os traballadores/as manteñen as dúas xornadas de folga para rexeitar despedimentos e reclamar a publicación do convenio
 O comité de empresa de Treves Pontevedra denunciou o que considera un peche patronal despois de que a produción da compañía con sede no polígono do Campiño permanecese suspendida por orde da dirección ante os problemas de subministro que sofre Citröen. Dende a CIG denuncian que o peche produciuse sen que se tivese respectado a obrigación de comunicalo con tres días de antelación e reiteran que manteñen a convocatoria de folga para a semana que vén. 
8/7/2011 A firma con sede no polígono vigués de Valadares aceptou cuestións como o incremento salarial ou a redución de xornada laboral
Os traballadores e traballadoras de Denso decidiron hoxe en asemblea desconvocar a folga indefinida que mantiñan dende o pasado luns para protestar polo bloqueo nas negociacións do convenio. A fin do conflito foi posíbel despois de que a empresa aceptase as propostas de incremento salarial, redución de xornada ou o 100% no caso de baixa por accidente laboral ou enfermidade profesional, ademais de comprometerse a facer fixos a un grupo de 15 empregados/as en tres anos.
4/7/2011 Os traballadores/as da empresa da automoción con sede en Vigo reclaman un convenio xusto
A práctica totalidade do cadro de persoal da empresa de compoñentes para a automoción Denso secundaron a primeira xornada de folga convocada polo comité de empresa (CIG, UGT e CCOO) para protestar polo bloqueo nas negociacións do convenio colectivo. Os arredor de 220 traballadores e traballadores permanecen concentrados ás portas da compañía no polígono industrial de Valadares. O secretario comarcal do Metal e o voceito da coordenadora do Automóbil da CIG achegáronse ao lugar para amosarlles a súa solidariedade. Os traballadores/as anunciaron que manterán a protesta até que as súas demandas sexan atendidas.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com