6/4/2010
Reclaman garantías da continuidade do emprego máis alá do 2010 e que se respecten os salarios durante a aplicación do ERE temporal
Un grupo de traballadores/as da factoría de Treves pecháronse esta mañá na delegación da Xunta en Pontevedra para reclamar da administración información sobre as negociacións do novo expediente de regulación temporal que a multinacional francesa vai comezar a aplicar até finais de ano. O persoal, que iniciou hoxe dúas xornadas de folga na fábrica do Campiño para amosar o seu rexeitamento a esta nova regulación, demanda á empresa que garanta a continuidade do emprego máis alá de 2010 así como o respecto ao cobro dos salarios e as pagas extraordinarias durante o período de aplicación do ERE.
24/3/2010
Denuncian a desaparición de máis de 4.500 postos de traballo no último ano e medio
Ás dez e media da mañá comezaba na Avenida Alcalde Portanet unha concentración convocada pola coordenadora do automóbil da CIG, na que delegados e delegadas das principais empresas do sector, tanto de PSA como das auxiliares, mobilizábanse para denunciar a destrución de emprego que se está a dar neste sector, e a falta de implicación tanto das Administracións como do Clúster da Automoción para buscar saída a esta situación, "máis alá de plans e axudas propagandísticos que non chegan a beneficiar ao persoal, que continuamos con ERE's e despidos".
11/3/2010
Cualifican esta decisión de arbitraria e deliberada, e a central sindical nacionalista reclama unha rectificación
Ante o reparto das axudas aprobadas polo Ministerio de Industria para o Sector do Automóbil neste ano 2010 e unha vez coñecido o reparto que se destina na partida a provedores, a CIG entende que se produce unha decisión política clamorosamente discriminatoria coa Industria da Automoción Galega.
28/1/2010
A CIG considera que a dirección da empresa pretende flexibilizar a produción
A empresa do Metal Gonvarri, que realiza corte de chapas para as auxiliares de Citroën, e que polo tanto é un 2º ou 3º proveedor da automoción, tiña en 2007 110 traballadores. No 2009 aplicou dous ERE's: no primeiro semestre un de 60 días, dos que consumiu 19, e no segundo semestre outro de 40 dias, dos que non consumiu ningunha xornada. Na actualidade hai 85 traballadores, ademais dous están contratados por empresas de traballo temporal e están a realizarse un grande número de horas extras e vaise abrir unha quenda de noite. Neste contexto a empresa xa presentou a posibilidade dun novo ERE para este ano que será estudado en asemblea polo conxunto dos traballadores este sábado.
25/9/2009
A CIG denuncia que con este peche se quere acabar co movemento sindical e co convenio referencial en todo o Estado que tiña este centro
Desde marzo, pola crise da automoción, os traballadores e traballadoras de Garevol estaban afectados por un ERE de suspensión, que ampliaron en agosto dous meses máis para buscar unha saída empresarial a este centro especial de emprego. O xoves 17 de setembro a empresa convocou ao Comité de empresa para informar da súa vontade de levar adiante un ERE de extinción para fechar esta fábrica. Desde a CIG denuncian que este peche remata cun importante movemento sindical de traballadores e traballadoras con diversidade funcional e co mellor convenio de todo o Estado español dun centro especial de emprego.
15/9/2009
Pecháronlles as portas e durante dúas horas permaneceu pechado este edificio público
O martes 15 de setembro tiña lugar unha nova xornada de folga na fábrica de Treves da Avenida de Vigo. Neste día de mobilización e loita polo mantemento dos 133 postos de traballo, ameazados pola deslocalización e un ERE de extinción, as traballadoras de Treves decidiron levar a súa protesta até a Deputación de Pontevedra. Alí ás dez da mañá tentaron entrar mais cando as mulleres concentradas encamiñaron os seus pasos cara á porta principal, pecharon as portas. Durante preto de dúas horas o edificio permaneceu pechado, e pouco despois das doce da mañá finalmente accedían a que as traballadoras entraran ocupar o Salón de Plenos da Deputación, onde permanecerán pechadas até as dez da noite.
7/9/2009
Será o luns 7 de setembro ás 8 no Clube Financeiro de Vigo
O director de PSA Peugeot Citroën en Vigo, Pierre Ianni, recibirá o luns 7 de setembro ao Comité de Empresa de Trèves, auxiliar de Citroën que anunciou o peche dunha das súas dúas naves -dedicada ao téxtil- situadas en Pontevedra. Este encontro, que terá lugar ás 20h00 no Club Financeiro de Vigo, responde a unha expresa petición dos traballadoras, para forzar a implicación de Citroën, como cliente da planta da multinacional francesa, no conflito con Trèves.