Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Axencia Tributaria
10/2/2012 A Sección Sindical da CIG denuncia esta “escandalosa e arbitraria distribución” e demanda que estes cartos se destinen a contratar persoal para reforzar servizos
A Sección Sindical da CIG na Axencia Tributaria rexeitou a distribución do complemento de produtividade na AEAT, xa que se basea en criterios arbitrarios e inxustos que favorecen aos altos cargos. Por iso, demandan un cambio no criterio de reparto que permita que as cantidades deste complemento variábel se inclúan nas retribucións fixas. Ademais, sinalan os delegados/as da CIG, coas cantidades destes pluses poderíanse contratar máis traballadores/as para reforzar un servizo tan escaso de persoal como o da Vixilancia Aduaneira.
29/4/2011 A central sindical sube de un a catro representantes nas provincias da Coruña e Pontevedra
A CIG-Administración Pública gañou as eleccións sindicais do persoal funcionario da Axencia Estatal Tributaria (AEAT), celebradas en Galiza o xoves 28 de abril. A central conseguiu 11 representantes e incrementou significativamente a súa presenza nas Xuntas de Persoal Funcionario da Coruña e Pontevedra-Vigo, onde conseguiu subir de un/ha a catro o número de delegados/as.
30/3/2011 Ante a votación mañá no Congreso da reforma da Lei de Contrabando
Os delegados e as delegadas da CIG na Axencia Tributaria queren lembrar que mañá, xoves 31 de marzo, votarase no Congreso dos Deputados en Madrid a reforma da Lei de Contrabando do ano 1995. En dita reforma, unha vez máis, o Goberno, en contra da postura dos grupos Bloque Nacionalista Galego e o Partido Popular, que presentaron emendas nese sentido, deixa excluído o Servizo de Vixilancia Aduaneira como Policía Xudicial.
11/3/2011 Mantiveron un encontro coa Fundación Galega contra o Narcotráfico e co grupo popular para expor as necesidades materiais e humanas do SVA
Os/as delegados/as da Confederación Intersindical Galega na Axencia Tributaria alertaron das consecuencias que terá o progresivo desmantelamento do Servizo de Vixilancia Aduaneira en Galiza, e que podería provocar un repunte do narcotráfico nas nosas costas.
23/7/2010 A sección sindical na Axencia Tributaria advirte da necesidade de novas embarcacións capaces de facer fronte ás planeadoras
A sección sindical da CIG na Axencia Tributaria vén de denunciar novamente as carencias de medios humanos e técnicos no Servizo de Vixilancia Aduaneira de Galiza, que, alertan, continúa a ser porta de entrada do narcotráfico para Europa. Neste senso, lamentan a fata de persoal e de medios destinados á investigación, cada vez máis limitados polas restricións orzamentarias. Así, advirten que só existen dúas Bases con embarcacións rápidas capaces de facer fronte as planeadoras utilizadas polos narcotraficantes.
19/4/2010 Dende a CIG-Administración na AEAT denuncian a falla de persoal e as deficiencias materiais
O sector da Axencia Tributaria da CIG-Administración vén de denunciar novamente as deficiencias na vixilancia aduaneira das costas galegas, nesta ocasión por unha avaría da embarcación Alcaravan II, con base en Ribadeo. Dende a CIG na AEAT critican a falta de persoal e de medios materiais que dificultan as labores na loita contra o narcotráfico.
3/7/2009 Reclaman unha potenciación dos medios humanos e materiais do Servizo de Vixilancia Aduaneira
A sección sindical da CIG na Axencia Tributaria volveu lanzar unha chamada de atención sobre a situación das costas galegas como “porta de entrada” á cocaína en Europa. Dende a central reclámase unha potenciación de medios humanos e materiais do Servizo de Vixilancia Aduaneira, razón pola que a CIG xa se ten dirixido á Dirección Xeral de VA para que dote a Galiza dun Sistema Integrado de Vixilancia Exterior, similar ao que actualmente controla as costas andaluzas e canarias.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com