marco
Artigos de opinión
O guerreiro Obama e o peixe fora d’água
18/03/2010Frei Betto
Obama é uma decepção! Recebeu imerecidamente o Nobel da Paz -um presidente que guerreia o Iraque, o Afeganistão e o Paquistão- e, em discurso...
A Alemanha e a Europa do futuro
18/03/2010Alexandrino Fernandes
O modelo de desenvolvimento que tem feito da Alemanha nestes últimos anos o maior exportador mundial assenta no progressivo empobrecimento da pop...
Crise do capitalismo e protagonismo da periferia
18/03/2010Márcio Pochmann
O sistema capitalista revela em suas crises periódicas momentos determinados de profunda reestruturação. São oportunidades históricas em que ...
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
Axidega
9/3/2010 Logo dunha maratoniana xuntanza de sete horas no Consello Galego de Relacións Laborais
10-03-05 Segundo día acampada persoal deportes II
A folga indefinida iniciada o pasado 1 de febreiro nas instalacións deportivas do País quedou suspendida na noite do luns tras chegar a un preacordo as organizacións sindicais e a patronal, que garante o cumprimento dos mínimos esixidos polos traballadores e as traballadoras a respecto das táboas salariais e as condicións “ad personam”. Así mesmo, o persoal que viña desenvolvendo unha acampada diante da sede dos empresarios en A Coruña levantou a medida de protesta pouco despois da medianoite.
8/3/2010 Ás cinco da tarde está convocada unha xuntanza no Consello Galego de Relacións Laborais
10-03-08 Acampada traballadores/as instalacións deportivas I
As traballadoras e os traballadores de instalacións deportivas enfrontan no día 36 da folga unha xornada decisiva para a evolución do conflito, pois do resultado da xuntanza prevista para esta tarde do luns en Compostela dependerá que a convocatoria de paros continúe adiante, así como todas as mobilizacións, ou ben fique suspendida e se retome a serio o proceso de negociación.
6/3/2010 Á espera dunha resposta por parte da patronal
10-03-05 Segundo día acampada persoal deportes IV
O campamento que os traballadores e as traballadoras en folga das instalacións deportivas iniciaron o pasado xoves continúa adiante diante da falta de movementos por parte da patronal. O persoal vai desenvolver esta tarde unha asemblea para avaliar a situación do conflito, á espera de que a patronal responda á última proposta presentada polas organizacións sindicais.
4/3/2010 O xoves 11 de marzo haberá unha festa solidaria para recadar fondos para os traballadores/as en folga
10-03-04 Acampada persoal instalacións deportivas XIV
Por volta da unha e media da tarde, os traballadores e traballadoras das instalacións deportivas iniciaban unha acampada fronte ao edificio administrativo da Xunta de Galiza en A Coruña e a sede da Confederación de empresarios (situadas na mesma praza) como medida de presión para que a patronal sente novamente a negociar e permita desbloquear o conflito. Na acampada participan traballadores das diferentes instalacións da provincia de A Coruña.
3/3/2010 Persoal e sindicatos estudan máis iniciativas para conseguir fondos e avalían un novo calendario de mobilizacións
10-03-03 Asemblea reparto bonos axuda
Na mañá deste mércores procedíase a facer o reparto dos cartos recadados nos últimos días coa venda dos bonos axuda entre todos os traballadores e traballadoras en folga das instalacións deportivas. En total uns 24.000 euros dos que cada persoa recibiu 100 euros, que se poderán ir incrementando nos vindeiros días, xa que a venda dos bonos continúa adiante e mesmo se están a estudar novas iniciativas para conseguir fondos. Ao mesmo tempo, e tras da ruptura das negociacións coa patronal, traballadores/as e sindicatos están a organizar un novo calendario de mobilizacións.
2/3/2010 As organizacións sindicais pedían pasar a táboa salarial proposta para o ano 2013 a 2012 e pechar as garantías ad personam
09-12-19 Folga instalacións deportivas IX
Os intentos de retomar as negociacións entre os sindicatos e a patronal de instalacións deportivas de cara a conseguir un convenio racharon na mañá deste martes, logo da negativa de Axidega (a asociación que agrupa ás empresas do sector) a asumir as reivindicacións salariais dos traballadores e traballadoras e pechar as garantías ad personam. A folga iniciada o pasado 1 de febreiro continúa así adiante e mañá mércores haberá asembleas do persoal para analizar a situación do conflito e avaliar as medidas a adoptar nos vindeiros días. Así mesmo, tamén está previsto que se proceda a entregar aos traballadores/as os cartos recadados coa venda dos bonos axuda.