Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Banco de España
5/10/2011 A federación de Banca reclama tamén unha sanción para a ex cúpula directiva polo cobro millonario de indemnizacións
A Confederación Intersindical Galega esíxelle á Fiscalía Anticorrupción que depure responsabilidades pola xestión de Caixa Galicia, Caixanova e Novacaixagalicia e investigue a valoración da entidade pactada entre o Banco de España e os fondos de investimento estadounidenses. A federación de Banca da central nacionalista reclámalle tamén ao Banco de España a apertura dun expediente sancionador aos ex directivos da caixa polo cobro de indemnizacións millonarias.
23/2/2011 A partir das 11:30 horas diante do Concello de Vigo
A CIG continuará este xoves 24 de febreiro o calendario de mobilizacións na defensa da existencia das caixas cunha concentración de delegados e delegadas da central diante do Concello de Vigo, a partir das 11:30 horas. A CIG lembra que o decreto do goberno español paraa privatización destas entidades supón un novo ataque ao autogoberno galego, un novo recorte social para beneficio da gran banca e unha tentativa de privatización do maior patrimonio empresarial común.
10/2/2011 A central desenvolveu unha mobilización contra as pretensións do executivo de privatizar as entidades diante da Delegación do Goberno e do Banco de España
A CIG desenvolveu esta mañá a primeira das mobilizacións que a central vai promover na defensa do carácter público das caixas de aforro e contra das pretensións do goberno do PSOE de privatizar novacaixagalicia. Ducias de delegados/as da entidade e sindicalistas trasladáronse até A Coruña para participar na concentración que se desenvolveu diante da Delegación do Goberno na Galiza, de onde saíron en marcha até a sede do Banco de España.
3/7/2009 A medida supón unha nacionalización “parcial e temporal”, podería supor a eliminación de 5.000 empregos e invade competencias autonómicas
A CIG amosou o seu rexeitamento ao Real Decreto Lei 9/2009 sobre reestruturación bancaria e reforzamento dos recursos propios das entidades de creto, un Decretazo que pon en marcha a reconversión do sector financeiro con escandalosas axudas públicas, por valor de 100.000 millóns de euros, e que podería levar á destrución de 5.000 empregos só na Galiza. Así mesmo, a norma abre as portas á posibilidade de fusións entre Caixas de distintas Autonomías; fusión que suporán a perda do carácter galego das principais entidades do País, Caixa Galicia e Caixanova, así como a deslocalización das súas Sedes e Servizos Centrais.
8/5/2009 Ás 11:30 horas en A Coruña, dende a Delegación do Goberno até o Banco de España
A Federación de Banca e Aforro da CIG ten convocada unha manifestación nacional de delegados/as do sector financeiro para o vindeiro día 12 de maio na cidade da Coruña, en contra da destrución de emprego por parte das entidades bancarias. A manifestación comezará as 11:30 horas diante da Delegación do Goberno en Galiza e rematará diante do Banco de España. Dende a central denúnciase que as axudas a Bancos e Caixas “non están chegando ao tecido produtivo, pero enchen os petos das altas direccións que continúan cobrando salarios de escándalo”.
30/3/2009 Perante o primeiro rescate dunha entidade bancaria no Estado español
A Federación de Banca e Aforro da CIG considera que a intervención de Caja Castilla La Mancha demostra que a falta de control e supervisión do sistema financeiro español “anunciaban serios problemas para a viabilidade e supervivencia das entidades”. Dende a CIG-Banca sinalan que “a actual intervención do Banco de España é un parche ante a maltreita situación do sistema financeiro español”, reclamaron a nacionalización do sector e a reforma urxente da Lei Galega de Caixas de Aforros.
18/2/2009 Asemblea Nacional da CIG no sector financeiro
Así de categóricas foron as conclusións da Asemblea Nacional de delegados e delegadas da CIG nas Entidades financeiras, celebrada o 18 de febreiro en Compostela. Neste acto analizouse polo miúdo a difícil situación laboral e económica das Entidades financeiras de cara a dar resposta sindical á precarización e destrución de emprego, e cara á elaboración de propostas para a reforma do sistema.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com