26/3/2010
A entidade anunciou aos traballadores/as que o vindeiro luns estarán traballando para outra empresa
Na mañá deste venres día 26 de marzo, a Dirección de Caixa Galicia transmitía ao persoal da entidade, a través dunha multiconferencia, que o vindeiro luns día 29 de marzo pasaría a traballar para nunha nova empresa. Indicaron que dado a falta de avances na fusión galega este fin de semana anunciarían un SIP. Algúns dos Directores Territoriais foron máis explícitos, afirmando que o luns asinaríase un acordo con Caja Madrid.
23/11/2009
CCOO, PSOE e PP deben dar explicacións
O vindeiro 27 de novembro a CIG será recibida polo presidente da Xunta de Galicia para coñecer a posición da central respecto das posíbeis fusións das caixas de aforro galegas. Porén,dadas as informacións publicadas en diversos xornais, a decisión semella estar tomada coa connivencia do PSOE, do PP e de CCOO. Diante destas noticias, que sinalan que Caixa Galicia estaría en disposición de fusionarse con Caja Madrid, a CIG exixe unha inmediata explicación pública.