23/6/2011
Un dos afectados é o Secretario do Comité e número un da candidatura da CIG nas eleccións sindicais
O persoal de Molduras del Noroeste está levando a cabo un calendario de mobilizacións diarias diante das instalacións da empresa para rexeitar o despedimento de nove compañeiros, entre os que se atopa o Secretario do Comité de empresa e número un da candidatura da CIG nas pasadas eleccións sindicais.
3/6/2011
A empresa, que reduciu á metade o cadro de persoal dende 2007, pretende desfacerse de nove traballadores, entre eles o Secretario do Comité
O Comité de Molduras del Noroeste e representantes sindicais compareceron esta tarde en rolda de prensa para denunciar publicamente as pretensións da empresa de despedir a nove traballadores, entre os que se atopa o Secretario do Comité e número un da candidatura da CIG nas pasadas eleccións. Para a representación do persoal e a CIG trátase dun ERE encuberto, polo que advirten que nos vindeiros meses haberá novos despedimentos na fábrica de Cambre.
30/11/2010
Nenos/as e traballadoras/es teñen que soportar baixas temperaturas por un problema no sistema de climatización que se coñece dende o verán
A CIG-Ensino de A Coruña quere trasladar o seu apoio ás traballadoras/es e ao equipo directivo da escola infantil de A Barcala, que se atopan en pésimas condicións por mor dos problemas de calefacción, que obrigan ao persoal e aos cativos/as a soportar temperaturas que non superan os 15 graos. O persoal do centro informara por escrito ao Concello das eivas no sistema de climatización a primeiros de xullo, mais o goberno municipal non adoptou medidas correctoras.
2/9/2010
CIG-Correos denuncia que a entidade non substitúe ao persoal de vacacións
CIG-Correos vén de denunciar que varias zonas do Concello de Culleredo e do núcleo urbano de O Temple (no Concello de Cambre) levan desde principios de semana sen carteiro e con graves problemas no reparto dos obxectos postais, por mor do abandono da Xefatura provincial de Correos e Telégrafos que “non procedeu á contratación dun traballador/a para substituír ao carteiro titular durante as súas vacacións”.
24/7/2008
A empresa pretende impedir a participación da central nas eleccións
A empresa de elaboración de produtos pesqueiros “Isidro de la Cal” despediu unha segunda candidata da CIG en menos de quince días. A compañía pretende, con estas represalias, impedir que o sindicato nacionalista poida concorrer ás eleccións previstas para o 29 de xullo no centro de traballo de Espírito Santo. A CIG impugnará estas votacións.
18/7/2008
CIG-Servizos maniféstase na nave da empresa no polígono de Espírito Santo (Cambre)
Membros da CIG-Servizos, da Unión Comarcal coruñesa e traballadores concentráronse o 18 de xullo no polígono de Espírito Santo (Cambre) na nave de “Isidro de la Cal”, empresa dedicada á elaboración e comercialización de produtos pesqueiros. Os sindicalistas protestan polo despedimento dunha traballadora que é candidata da CIG nas eleccións que se han celebrar nas próximas semanas na empresa.