Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
campaña
21/10/2011 Con esta acción, a CIG de Compostela, chama a mobilizarse para que desde os gobernos se apliquen outras políticas, porque Si hai Alternativas!
Delegados e delegadas da CIG de Compostela, vestidos de presidiarios, ocuparon esta mañá a oficina principal de Novagalicia Banco, no centro de Santiago, a gritos de  “Que deteñan aos ladróns”, “Non, non, non  á privatización”, “Queremos unha caixa e non un banco” ou “Non faltan cartos, sobran ladróns”. A ocupación da entidade encádrase na campaña que a CIG leva meses desenvolvendo para concienciar á poboación de que si existen alternativas ás políticas que desde os gobernos se están a impor e para chamar a participar na mobilización convocada pola central este domingo 23 de outubro.
7/10/2011 Chama a participar na manifestación nacional do próximo 23 de outubro, en defensa do emprego e dos servizos públicos
Dando continuidade a campaña posta en marcha pola CIG baixo o lema “Si, existen alternativas! En defensa do emprego e dos servizos públicos”, celebrouse en Lugo unha asemblea de delegados e delegadas na que o secretario xeral, Suso Seixo, acompañado polo secretario comarcal, Xosé Ferreiro, defendeu que existen alternativas ao modelo neoliberal para recuperar a economía, apoiar os sectores produtivos e crear emprego. Seixo chamou a participar na manifestación convocada pola central sindical, o vindeiro 23 de outubro, lembrando que só coa mobilización social a clase traballadora pode defender os seus dereitos.
13/5/2011 Estiveron no acto de campaña electoral do PP en Teo portando unha pancarta na que responsabilizaban á Xunta da súa situación
O persoal do 112 estivo presente o día 11 no acto de campaña do PP de Teo, ao que asistiu Alfonso Rueda, conselleiro da Presidencia da Xunta e segundo denuncian, “máximo responsábel do conflito do Centro de Atención de Emerxencias de Galiza”. No acto, que se insire dentro da campaña de visualización social do conflito levada a cabo polos traballadores e traballadoras desde hai varios meses, e que inclúe tamén a presenza en actos da campaña das eleccións municipais, despregouse unha faixa na que se culpaba directamente á Xunta de Galiza pola súa xestión neglixente e polas promesas incumpridas.
24/1/2011 A central anima a todos os galegos e galegas a secundar o paro e participar nas mobilizacións convocadas para este xoves
Caravanas de vehículos, pegada de carteis, pintada de murais,... As actividades para publicitar a convocatoria da folga xeral da CIG deste xoves 27 de xaneiro estanse a intensificar nos días previos á xornada de paro, co obxecto de trasladar a todos os galegos e galegas a necesidade de dar unha resposta contundente se queremos frear a vaga de ataques que os gobernos, atendendo aos intereses do capital financeiro, están a perpetrar contra a clase traballadora.
18/1/2011 A Federación vai realizar máis de 1.200 asembleas nos centros, recollidas de sinaturas e buscará pronunciamentos dos claustros
A CIG-Ensino compareceu esta mañá en rolda de prensa para valorar o anteproxecto de Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa e dar a coñecer as propostas e as accións que a Federación vai levar adiante para mudar dita normativa. En dita campaña está prevista a realización de máis de 1200 asembleas nos centros, recollida de sinaturas e pronunciamentos dos Claustros.
27/9/2010 Murais, cartaces e valos publicitarios animan á secundar tanto o paro como as manifestacións convocadas pola central
Apurando ás últimas horas antes da xornada de folga xeral, a CIG-Mocidade de Ferrol ten intensificado a campaña de información e chamamento á participación tanto no paro como nas manifestacións que a central ten convocadas o mércores 29 de setembro. Así, duplicouse o esforzo no reparto de material, asembleas, pega de carteis e elaboración de murais.
5/5/2010 Advirte á Xunta de que “se expedienta a algún profesora ou a algunha profesora por dar as aulas en galego, todo o ensino se porá en pé”
Representantes de Queremos Galego fixeron entrega, este mércores 5 de maio, no Rexistro Xeral da Xunta de Galiza, de 4.530 sinaturas do profesorado que se adheriu á campaña “Dou e darei as clases en galego”, coa que expresa a súa intención de continuar a impartir as aulas en galego e manifesta, explicitamente, o seu rexeitamento ao decretazo. A campaña púxose en marcha por mor do ataque, sen precedentes, contra o noso idioma ao incluír o mal chamado ‘decreto de plurilingüismo’ a prohibición  -que por vez primeira se recolle na lexislación galega- de impartir materias en lingua galega, nomeadamente as de Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía, ademais de proscribir o galego na práctica en toda a educación infantil das cidades e principais vilas do país.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com