Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Dous proxectos para afrontar a crise sistémica
24/05/2013Antonio Antón
A conciencia social maioritaria das consecuencias negativas da crise e a percepción de que a xestión institucional non garante unha perspectiva me...
União Europeia: Falácias federalistas
24/05/2013Pedro Guerreiro
A alternativa à União Europeia das grandes potências e dos grandes grupos financeiros e económicos passa necessariamente pela ruptura com todos ...
Chipre: A troika provoca o primeiro ‘corralito’ europeo
23/05/2013Jérome Duval
Chipre únese ao club dos países baixo a administración da troika. A poboación chipriota súmase ao “apertar o cinto” para salvar os bancos p...
Desafiuzamentos e recortes: a violencia “democrática” do poder financeiro
23/05/2013Jorge Fonseca
Os desafiuzamentos forman parte inseparábel do espolio social a favor do capital financeiro. A burbulla inmobiliaria foi creada pola especulación ...
Crise económica: Por que non aumentar os salarios?
23/05/2013Michel Husson
Aumentar os salarios sería algo que melloraría o nivel de vida dos asalariados e relanzaría o consumo, por tanto a actividade económica e por ta...
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
campaña
5/5/2010 Advirte á Xunta de que “se expedienta a algún profesora ou a algunha profesora por dar as aulas en galego, todo o ensino se porá en pé”
Representantes de Queremos Galego fixeron entrega, este mércores 5 de maio, no Rexistro Xeral da Xunta de Galiza, de 4.530 sinaturas do profesorado que se adheriu á campaña “Dou e darei as clases en galego”, coa que expresa a súa intención de continuar a impartir as aulas en galego e manifesta, explicitamente, o seu rexeitamento ao decretazo. A campaña púxose en marcha por mor do ataque, sen precedentes, contra o noso idioma ao incluír o mal chamado ‘decreto de plurilingüismo’ a prohibición  -que por vez primeira se recolle na lexislación galega- de impartir materias en lingua galega, nomeadamente as de Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía, ademais de proscribir o galego na práctica en toda a educación infantil das cidades e principais vilas do país.
9/10/2009 A mudanza responde a un cambio global na organización da Fundación da CIG
A imaxe que estamos afeitos a ver da Fundación para a Orientación, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza (FORGA) vén de sufrir unha remodelación visual, dentro da renovación global que se está levando a cabo na organización da entidade. Ao logotipo e ao seu símbolo habitual, agora súmanselle dous novos elementos: a estrela vermella de cinco puntas atravesada por unha banda azul, elementos propios da bandeira nacional galega, mais unha consigna a prol da formación no noso idioma.
5/3/2009 A iniciativa polo Día da Muller Traballadora levarase ás empresas da comarca
A Secretaría da Muller da Comarca de A Coruña presentou a campaña que a central vai desenvolver con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora. A Secretaria de Muller, María do Carme López Santamariña, e a responsábel desta área na comarca de A Coruña, Dolores Castelo, foron as encargadas de dar a coñecer a iniciativa que, como cada ano, vén desenvolvendo a central en recoñecemento do traballo e a loita desenvoltas, así como para concienciar da necesidade de continuar avanzando neste eido.
21/11/2008 “Loitando polo respecto entre homes e mulleres”
A Secretaría Comarcal da Muller da CIG da Mariña presentou publicamente na bisbarra a campaña do sindicato con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Este ano o lema elixido é “Loitando polo respecto entre homes e mulleres”.
20/11/2008 O día 21 de novembro celébrase unha xornada informativa e formativa en Compostela
“Por unha administración mellor, mellor en galego” é o lema da campaña de promoción do uso do galego que a CIG vén de pór en marcha na Administración Pública. A campaña, que constitúe a segunda fase dunha iniciativa que arrancou antes da celebración do 17 de Maio, pretende concienciar á traballadores/as e administracións da necesidade de afondar no cumprimento da normativa referida á normalización lingüística.
19/11/2008 A iniciativa conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero
A secretaria de Muller da CIG, María Carme López Santamariña, presentou a campaña “Loitando polo respecto entre homes e mulleres”, que a central esta levando a cabo con motivo da celebración do vindeiro 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A través desta iniciativa quérese amosar o compromiso da central na erradicación desta lacra social.
11/9/2008 Contra a ofensiva neoliberal
Dípticos, cartaces e un documento de analise da directiva Europea sobre tempo de traballo son algúns dos materiais que vén de editar a CIG Saúde e que levarán aos centros de saúde do noso país nos próximos meses para informar e mobilizar contra a precarización das condicións de traballo na sanidade galega e a ofensiva neoliberal.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com