3/7/2008
Demanda que os cartos se invistan en introducir o galego nos ámbitos onde está excluído
A Mesa pola Normalización Lingüística reclama “a
suspensión inmediata” da nova campaña que vén de presentar a Secretaría Xeral
de Política Lingüística (SXPL) e que o diñeiro previsto para a mesma se
reinvista en introducir o galego en diferentes ámbitos nos que está excluído.
27/6/2008
Convocaranse mobilizacións para a primeira quincena de novembro
A CIG vén de anunciar a
posta en marcha dunha campaña dirixida a explicar as causas da actual crise económica e en demanda da aplicación de medidas que garantan as
condicións de vida da clase traballadora, que favorezan realmente aos sectores
produtivos e que posibilten maior autogoberno para Galiza. Unha campaña que se
quere facer chegar a todas as organizacións do nacionalismo para poder dar unha
resposta común ante unha crise que vai afectar á maioría da poboación.
16/6/2008
A primeira concentración celebrouse o pasado xoves 12 de xuño
CIG-Correos vén de
pór en marcha unha campaña en demanda do reforzamento do cadro de persoal desta
entidade no concello de Ames. A campaña comezou cunha concentración celebrada o
pasado xoves, 12 de xuño e continuará con mobilizacións que se desenvolverán ao
longo do ano.
30/4/2008
Campaña do Primeiro de Maio
Achegar o sindicato aos veciños e veciñas, dar
a coñecer as posicións e os conflitos que se deron nestes últimos meses na comarca e
facer un chamamento á necesaria participación na manifestación convocada para
este Primeiro de Maio, máis dada a situación de crise económica que se nos ven
enriba, son algúns dos obxectivos que levaron á CIG de Compostela a instalar
unha carpa informativa na Praza Roxa.
1/3/2008
8 de marzo, Día da Muller Traballadora
A Secretaría da Muller da CIG vén de presentar a súa campaña para este 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, baixo o lema “Loitando contra a dobre presenza: Dobre loita, dobre resposta”. Unha campaña que, alén de denunciar as condicións laborais ás que se enfronta a muller galega, alerta das graves repercusión que, para a súa saúde ten a dificultade de conciliar a vida laboral e familiar. Os datos, que aparecen recollidos no informe “A muller no mecado laboral en Galiza. 2007” avalan esta afirmación.