3/7/2009
Os empregados denunciaran que padecían "acoso laboral" por defender o uso do galego no seu traballo
Os tres traballadores da Capitanía Marítima de Burela que o pasado mes de maio denunciaran publicamente a situación de “acoso laboral” e “discriminación” que padecían por, entroutros, reclamaren “o seu dereito ao uso do galego no exercicio das súas funcións”, fixeron público na mañá do 3 de xuño un informe emitido pola Avogacía do Estado que “respalda xuridicamente” as súas demandas e demostra que estas “entran no marco da legalidade vixente”.
25/5/2009
A CIG na Administración do Estado iniciou xestións para rematar co acoso que sofren tres funcionarios/as por usar o galego
Dende outubro de 2008 un funcionario e dúas
funcionarias da Capitanía Marítima de Burela, establecemento dependente do
Ministerio de Fomento, veñen sufrindo unha serie de represalias, por parte dos
seus superiores, por utilizar a lingua galega no seu centro de traballo e por demandar
que se cumpran, nesta materia, a Constitución, o Estatuto de Autonomía e a Lei
de Normalización Lingüística. Dende o sector da Administración do Estado véñense
levando a cabo unha serie de iniciativas para pór fin a esta situación e
acadouse o compromiso da Subdelegación do Goberno de crear unha comisión de
seguimento.