31/8/2010
CIG-Saúde reclama unha central de chamadas pública, racional e que evite as excesivas cargas de traballo ao persoal dos centros
O Goberno galego vai gastar dous millóns de euros para privatizar o servizo de cita previa de Atención Primaria, unha decisión que critican con dureza dende a CIG-Saúde, xa que, alén de avanzar no proceso de privatización da sanidade pública, esta nova contrata favorecerá a creación de emprego precario. A Federación de Saúde da CIG esixe a Xunta a promoción dun modelo máis racional e austero e que destine eses millóns de euros á contratación de persoal estatutario para alixeirar a sobrecarga de traballo que padecen os empregados/as dos centros sanitarios.
15/1/2009
Denuncian a privatización do servizo de cita previa na atención primaria
Traballadores e
traballadoras dos centros de saúde de toda Galiza e das Xerencias de Atención
Primaria pararon a súa actividade a media mañá
para concentrarse contra a privatización do servizo de cita previa. Con
este acto pretendían trasladar á dirección do SERGAS o desacordo que existe
entre o conxunto do persoal contra este modelo, que estará xestionado por unha empresa privada que terá acceso aos datos das tarxetas sanitarias dos usuarios e usuarias do Servizo Galego de Saúde.
25/11/2008
Delegados e delegadas da federación concentráronse diante da consellaría de Sanidade
Delegados e
delegadas de CIG-Saúde concentráronse, na mañá deste martes 25 de novembro, diante
das dependencias da consellaría de Sanidade para manifestar o seu desacordo coa
privatización do servizo de cita previa, o incumprimento dos acordos en materia
de recursos humanos e da zonificación da atención primaria nas cidades ou a
lentitude no arranxo dos atrancos para acceder á tecnoloxía, entre outros.