9/9/2011
Critica a falta de atención xinecolóxica e de enfermería, ao non cubrírense as ausencias
A Federación de Saúde da CIG vén de denunciar de novo o enquistamento dos problemas que padece o Centro de Orientación Familiar de Lugo, sen que até o momento as distintas Xerencias teñan actuado para corrixir as deficiencias que presenta o servizo. Esta situación, aseguran, ten provocado que o número de embarazos non desexados e interrupcións voluntarias do mesmo (por falta xeneralizada de atención xinecolóxica, dende o 2007) acadase niveis similares aos da área sanitaria de Vigo, a pesar das diferenzas no número de poboación.
1/9/2010
As usuarias teñen que padecer reiteradas ausencias de profesionais e o atraso constante nas citas médicas
A CIG-Saúde de Lugo vén de dar a coñecer publicamente as deficiencias do Centro de Orientación Familiar da cidade trasladadas á central sindical por numerosas usuarias deste servizo. Entre outras cuestións, a CIG recibiu queixas a respecto da ausencia reiterada do/a xinecólogo, aprazamento das citas médicas ou a inexistencia de protocolo de actuación para dar cumprimento a lei de saúde sexual, reprodutiva e de interrupción voluntaria do embarazo.