marco
Artigos de opinión
O guerreiro Obama e o peixe fora d’água
18/03/2010Frei Betto
Obama é uma decepção! Recebeu imerecidamente o Nobel da Paz -um presidente que guerreia o Iraque, o Afeganistão e o Paquistão- e, em discurso...
A Alemanha e a Europa do futuro
18/03/2010Alexandrino Fernandes
O modelo de desenvolvimento que tem feito da Alemanha nestes últimos anos o maior exportador mundial assenta no progressivo empobrecimento da pop...
Crise do capitalismo e protagonismo da periferia
18/03/2010Márcio Pochmann
O sistema capitalista revela em suas crises periódicas momentos determinados de profunda reestruturação. São oportunidades históricas em que ...
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
centro de saúde
8/2/2010 Atópase nun vello edificio cunha estrutura inadecuada e con sistemas de seguridade de “dubidosa efectividade”
Logo CIG-Saúde
A CIG-Saúde de Lugo vén de solicitar á administración sanitaria que acometa unha reforma urxente do centro de saúde da Milagrosa, xa que as deficientes condicións nas que se atopa o edificio dificultan o traballo dos profesionais e diminúen a calidade asistencial. A reclamación chega logo da última incidencia no centro, ao avariarse o ascensor durante días impedindo aos usuarios/as con dificultades de mobilidade achegarse até a consulta dos/as facultativos.
12/1/2010 Sen pediatra e con servizo de atención precario
Sala de espera centro de saúde
CIG-Saúde quere manifestar a súa preocupación pola situación na que se atopa a atención pediátrica no Centro de Saúde de Tui. As dúas pediatras actuais teñen o maior número de pacientes da área sanitaria, con 1.420 e 1.335 respectivamente. Dende o luns 11 de xaneiro o Centro de saúde de Tui non ten pediatras por ausencia xustificada das mesmas. O Servizo Galego de Saúde di que o martes 12 serán substituídas cando a realidade é que todo segue igual. As usuarias e usuarios mobilizáronse para protestar por este feito recollendo sinaturas.
1/7/2009 Persoal e usuarios reclaman unha solución para un edificio que acada os 40º polas tardes
09-06-30 Concentración Centro Saúde Tomiño
Arredor de cen persoas participaron na concentración convocada ao martes 30 de xuño diante do Centro de Saúde de Tomiño, para protestar polas condicións de “extrema calor” que se rexistran no interior do edificio, de xeito que mesmo se chegan a superar os 40º durante as tardes dos días de calor. Dende a CIG-Saúde lémbrase que se reclamou ao SERGAS trasladar as consultas de tarde á mañá até que se solucionara o problema, aínda que dende a Consellaría se negaron a adoptar esta medida.
13/3/2009 Desde que houbo "obras de humanización" nesta vila desapareceron estes depósitos de lixo cos que contaban
Tui marzo2009 I
Os traballadores e traballadoras do centro de saúde de Tui volveron mobilizarse o xoves 13 de marzo, como xa fixeron o pasado 26 de febreiro, para demandar que se restitúan os colectores de lixo da superficie, que despois das obras de humanización que se realizaron nesta vila, foron situados a 50 metros do centro de saúde, e ese tipo de colectores teñen unha apertura moi pequena e non se poden introducir os sacos de lixo que saen deste ambulatorio.
28/10/2008 Para o 27 de novembro
Centro saúde Tomiño
CIG-Saúde comunica o acordo de declaración de folga no centro de saúde de Tomiño, dependente da Xerencia de Atención de Primaria de Vigo para o 27 de novembro. Denuncian con esta folga que xa está rematado, desde hai meses, o novo centro de saúde realizado neste concello do sul da provincia de Pontevedra, e que é preciso que abra as súas portas, xa que o actual centro de saúde conta cunhas condicións moi precarias.